• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Artigo anterior
Unión Europea »

Edificios sen rematar

1, Abril 2013 por Admin B

Ademais do evidente deterioro paisaxístico, esta situación pode ser fonte de risco de accidentes, ser ocupadas por usos indebidos ou afectar á cohesión social do contorno

O GRUPO POPULAR SOLICITA Á XUNTA ELABORAR UN ESTUDO PARA A ADOPCIÓN DE MEDIDAS NOS EDIFICIOS DE VIVENDAS SEN REMATAR POR MOR DA CRISE

 Edificios sen rematar

  • Só na Mariña lucense calculan que existen varios miles de vivendas de urbanizacións aínda en construción.
  • Cómpre adoptar medidas de identificación e análise das causas polas que non se remataron as obras, avaliar as situacións xurídicas máis habituais e propoñer solucións para superar estas situacións

 

Santiago, 01 de abril de 2013.- O secretario do Parlamento galego e deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, deu conta hoxe da presentación dunha iniciativa (proposición non de lei) na Cámara lexislativa autonómica a través da que insta á Xunta de Galicia a elaborar un estudo para o diagnosticar e propoñer posibles medidas a adoptar en relación coas edificacións de vivendas sen rematar por mor da crise.

A iniciativa do Grupo Popular pon de manifesto que a crise económica derivada da burbulla inmobiliaria xerou, como unha das súas consecuencias máis directas, a proliferación de edificios de vivendas non rematados espallados polo conxunto do territorio. Segundo Balseiro “ademais do evidente deterioro paisaxístico, está situación pode ser fonte de accidentes, ser ocupadas por usos indebidos ou afectar á cohesión social do contorno no que se atopan as construcións

SITUACIÓN DA MARIÑA LUCENSE

Só nas comarcas da Mariña lucense calculan que existen varios miles de vivendas de urbanizacións aínda en construción, moitas das cales (entorno a setecentas) estiveron ou están á venda logo de ser transferidas ao coñecido como banco malo (Sarev), así como un número importante de edificios que, por mor da depresión do mercado inmobiliario, relentizaron a súa construción e están en estructura ou solar.

SITUACIÓNS DE INDEFENSIÓN

O parlamentario popular recoñece que as vivendas non rematadas poden presentar unha ampla casuística derivada de posibles procesos xudiciais, concursais e outras circunstancias. Así mesmo, en moitos casos numerosas familias e cidadáns teñen feito desembolsos en conceptos de adianto a conta que poden derivar en claras situacións de indefensión.

Para facerlle fronte a esta problemática, Balseiro explica que a iniciativa dos deputados populares plantea poñer en marcha medidas tendentes á identificación e análise da ampla casuística existente, avaliar se é o caso as situacións xurídicas máis habituais e  propoñer solucións para superar estas situacións de xeito consensuado coas institucións, axentes e persoas afectadas.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en URBANISMO |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Abril 2013
    L M M X V S D
    1234567
    891011121314
    15161718192021
    22232425262728
    2930  
    « Mar   Mai »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: