• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Salvamento
Manter os servizos e mellorar as instalacións »

Axencia Tributaria

12, Abril 2013 por Admin B

Balseiro, Rodríguez Barreira e Javier Castiñeira lamentan que socialistas e nacionalistas estean a verter falsidades interesadas co obxecto de confundir aos lucenses

“Cidadáns e empresas poderán seguir realizando absolutamente todos os seus trámites nas delegacións da Axencia Tributaria de Monforte e Foz”

Oficina_Agencia_Tributaria

  • Ningún cidadán terá que desprazarse a Lugo para realizar un trámite que ata agora se viña facendo nestas dúas delegacións comarcais, feito que ademáis poderá comprobarse por calquera ao apreciar o funcionamento habitual e normal destes centros.

 

 

Lugo, 12 de abril de 2013.- O secretario xeral do Partido Popular na provincia de Lugo, Jose Manuel Balseiro, asegurou que empresas e cidadáns poderán seguir realizando, como ata o de agora, absolutamente todos os seus trámites e operacións nas delegacións que a Axencia Tributaria ten en Monforte de Lemos e Foz.

Así o explicou hoxe o dirixente popular logo de reunirse coa portavoz municipal de Monforte e deputada autonómica, Julia Rodríguez e co alcalde de Foz, Javier Castiñeira, nunha xuntanza na que avaliaron todos os datos despois de recabar información anta a Delegación da Axencia Tributaria en Lugo e a Subdelegación do Goberno.

NIN RECORTES, NIN DESPRAZAMENTOS

A reorganización administrativa da Facenda estatal non implicará, na nosa provincia, ningún tipo de recorte na prestación dos servizos que se realizan nestas delegacións comarcais, nin afectará de xeito algún ás unidades de información e asistencia ao contribuínte.

Balseiro tamén aclara que non será necesario desprazarse ata Lugo para realizar os trámites que se viñan facendo en Monforte ou Foz e, en consecuencia, acusou tanto a socialistas como aos nacionalistas de pretender enganar aos lucenses.

“Non hai centralización en Lugo. Nin perda de servizos. Ademais non é que o digamos nós, é que todo o mundo poderá comprobalo se acoden ás delegacións de Monforte ou de Foz. Nelas observarán que poden realizar os seus trámites habituais de presentación de tributos e en relación coa Declaración da RENDA con total normalidade”- dixo Balseiro Orol.

NON HABERÁ TRASLADOS DE FUNCIONARIOS

O dirixente popular tamén explicou que non se vai desprazar a ningún dos funcionarios da Axencia Tributaria que actualmente traballan nas delegacións de Monforte ou de Foz que ademais continuarán percibindo as mesmas retribucións.“Polo que os equipos seguirán a ser os mesmos”.

Balseiro insistiu en que este e outros datos xa foron explicados polo Delegado da Axencia Tributaria en Lugo ao alcalde de Monforte quen, de calquera xeito, continuou faltando á verdade sobre este asunto, atribuíndo á intención do Goberno central unha falsa pretensión de desmantelamento destas delegacións.

Os populares explican finalmente que a reorganización que impulsa a Axencia Tributaria só implica cambios no xeito de desenvolver determinadas tarefas a nivel interno. E que os obxectivos que se buscan tan só son os de acadar unha maior eficiencia, para prestar mellores servizos aos cidadáns e mellorar tamén a eficacia na loita contra a fraude fiscal, nunca diminuír ou recortar servizos.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Abril 2013
    L M M X V S D
    1234567
    891011121314
    15161718192021
    22232425262728
    2930  
    « Mar   Mai »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: