Portos de Galicia

O plan ten permitido reducir o gasto económico, rebaixando tamén o impacto ambiental da actividade portuaria, ao tempo que garantiza a plena operatividade das instalación en condicións de seguridade e sen provocar interferencia algunha no normal desenvolvemento da actividade marítima-pesqueira ou comercial

AS DÁRSENAS DA ZONA NORTE FORON AS MÁIS BENEFICIADOS POLO PLAN DE AFORRO E EFICIENCIA ENERXÉTICA POSTO EN MARCHA POR PORTOS DE GALICIA

porto de Burela

  • O aforro medio no consumo enerxético supera o 47,18% nos 19 peiraos existentes entre Ribadeo e Ares o que supera a media galega que se sitúa nun 36,2% na pasada anualidade
  • Destacan instalacións como Vicedo no que se reduciu un 63,7%,a zona de marina seca Ribadeo, que baixou un 63,4%, ou o porto pesqueiro de Burela, cun 59,6%.

En resposta a preguntas do deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, o Presidente de Portos de Galicia, Juan José Durán, explicou que a entidade que presiden puxo en marcha a principios de 2012 o Plan de Aforro e Eficiencia Enerxética nos peiraos dependentes da Xunta de Galicia. Dito plan mantense en activo, toda vez que se veñen de obter resultados plenamente satisfactorios no balance do mesmo realizado ao peche do exercicio 2012.

A iniciativa de Balseiro serviu para facer balance deste plan que revela que Portos de Galicia conseguíu reducir unha media dun 36,2% o consumo de enerxía eléctrica nas dársenas do litoral autonómico durante o ano 2012. O ente público pechou o ejercicio, polo tanto, cun aforro de máis dun tercio no consumo de luz, o que supón un resultado contundentemente positivo, tanto dende o punto de vista económico como ambiental.

A Zona Norte foi a que obtivo uns resultados máis satisfactorios cun aforro medio do 47,8% nos 18 peiraos que a compoñen, entre Ribadeo e Ares. As propias características dos portos da franxa cantábrica así como o seu equipamento eléctrico permiten estes mellores resultados. A contención do gasto de electricidade é especialmente reseñable en peiraos como os do Vicedo no que se reduciu un 63,7%, na pasada anualidade; a zona de marina seca Ribadeo, que baixou un 63,4%; o peirao de Espasante (Ortigueira), cun aforro do 62,2%; ou o porto pesqueiro de Burela, cun 59,6%.

No conxunto de Galicia foron 59 as dársenas nas que se desenvolveu este plan, que consistiu na alternancia de funcionamento das fases de luminarias durante unhas horas da madrugada, de xeito que non todos os puntos de luz estean operativos ao mesmo tempo nin funcionen cunha potencia máxima. Deste xeito, redúcese o alumeado público nas zonas portuarias de menor tránsito, como viais e explanadas, mantendo os mesmos puntos de luz nas zonas de traballo e peiraos de atraque para garantir a seguridade dos usuarios

O plan ten permitido reducir o gasto económico, rebaixando tamén o impacto ambiental da actividade portuaria, ao tempo que garantiza a plena operatividade das instalación en condicións de seguridade e sen provocar interferencia algunha no normal desenvolvemento da actividade marítima-pesqueira e portuaria