• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Caladoiro Nacional Cantábrico Noroeste
Xestión Integrada »

Eurocámara

26, Abril 2013 por Admin B

O voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro Orol, deu conta desta iniciativa de urxencia, logo de reunirse con representantes da flota afectada polo amarre forzoso

O GRUPO POPULAR PIDE QUE OS EURODEPUTADOS ESPAÑOIS REXEITEN O ACORDO PESQUEIRO DA UNIÓN EUROPEA CON MAURITANIA

 36606_350x278_72_dpi_0

  • Como mínimo namentres persistan as actuais condicións pactadas e non se inclúa no mesmo novas posibilidades de pesca efectivas para a flota cefalopodeira
  • Reclamará tamén que os gobernos de Andalucía e Canarias soliciten á UE a revisión do acordo tal é como vén realizando a Xunta de Galicia e o Executivo estatal

 

Santiago, 26 de abril de 2013.- O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro Orol, deu conta hoxe da presentación dunha iniciativa rexistrada polo trámite de urxencia no Parlamento de Galicia coa que se busca acadar o apoio de todos os eurodeputados españois para pedirlles que non voten favorablemente ao acordo da Unión Europea e Mauritania namentres non se inclúa no mesmo posibilidades de pesca efectivas para a flota cefalopodeira.

O parlamentario explicou que o Grupo Popular decidiu impulsar esta petición logo de reunirse cos representantes da flota que continúa amarrada en porto como consecuencia dos novos termos nos que se redactou este acordo e que, segundo os cálculos que lle trasladaron desde o sector afecta a 24 buques vinculados a Galicia.

REXEITAMENTO DAS CONDICIÓNS PACTADAS

Balseiro lembrou que tanto a Xunta de Galicia como tamén o Goberno central veñen expresando o seu rexeitamento ás actuais condicións pactadas no protocolo pesqueiro entre a Unión Europea e Mauritania “desde o mesmo momento da súa sinatura en xuño de 2012”, entre outras razóns porque exclúe á flota cefalopodeira e “establece unha serie de restricións e condicións económicas e no desenvolvemento da actividade que a converten en inviable e non rendible”.

Balseiro tamén dixo que ambas administracións veñen traballando da man para modificar as consecuencias negativas desta “situación herdada” trala “desastrosa negociación” do anterior Executivo socialista, que “incomprensiblemente aceptou os  termos máis férreos e duros deste acordo pesqueiro co país africano”. Agora, os populares teñen postas as súas esperanzas nas dúas vías de traballo abertas por Xunta e Goberno central e tamén no bloqueo do acordo, que precisa ser ratificado polas institucións comunitarias.

De feito, a entrada en vigor formal deste novo acordo pesqueiro require do visto bo do Consello e do Parlamento Europeo, unha ratificación que ten previsto someterse á consideración da Cámara europea nas vindeiras semanas. “Vamos a pedir tamén aos Gobernos autonómicos de Andalucía e Canarias (dúas comunidades con flota afectada polo acordo) que se sumen á estratexia impulsada desde Galicia e soliciten á UE a revisión do acordo tal é como fixeron Xunta e Ministerio”, apuntou Balseiro.

PASOS POSITIVOS

O deputado popular quixo manter unha postura optimista cara o futuro respecto da reconsideración dos termos máis negativos do acordo e lembrou que a presión da Xunta e do Goberno central xa ten acadado algúns avances.

Así, por exemplo, foi a petición do Goberno galego polo que se incluíu á flota cefalopodeira no anexo do propio acordo pesqueiro –aínda que con cota cero- o que permitiría outorgarlle posibilidades de pesca no futuro. E, tamén, Xunta e Ministerio forzaron a reunión do Comité Científico previsto no propio acordo, ao obxecto de que se ratificasen os datos biolóxicos que acreditan o bo estado do recurso do polbo no caladoiro mauritano, un paso previo e indispensable para volver a permitir a actividade da flota.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Abril 2013
    L M M X V S D
    1234567
    891011121314
    15161718192021
    22232425262728
    2930  
    « Mar   Mai »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: