• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Eurocámara
Sector pesqueiro »

Xestión Integrada

26, Abril 2013 por Admin B

O deputado do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, formulou unha batería de preguntas a Nieves Domínguez en relación con este asunto na Comisión de Sanidade do Parlamento de Galicia

BALSEIRO:”A XERENTE DO SERGAS DESMINTE PUNTO POR PUNTO OS ARGUMENTOS DA OPOSICIÓN E PLATAFORMAS AFÍNS SOBRE UN FALSO DESMANTELAMENTO DOS HOPSITAIS DE MONFORTE E BURELA”

O hospital desde o parque

  • Confirmou que non desaparecen ningunha das tres áreas sanitarias lucenses: Nin a da Mariña nin a de Lemos “o mapa sanitario galego non se modifica e as áreas sanitarias son exactamente as mesmas que había”
  •  Os hospitais de Burela e de Monforte seguirán a ser o centro de referencia dos pacientes da súa comarca, evitando así desprazamentos a Lugo, para operarse e ser atendido polos especialistas no centro máis preto da súa casa.
  •  A xestión integrada non leva aparellada a perda de ningún servizo nos hospitais comarcais. “Non se pechou nada, non se desmantelou nada e incluso mellorou os seus resultados ao longo dos últimos anos”
  • Os novos xerentes executivos de Monforte e da Mariña ten máis capacidade de decisión e o orzamento necesario para velar pola saúde dos cidadáns da súa área

  

Santiago, 26 de abril de 2013.- O deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, formulou na Comisión de Sanidade da Cámara autonómica unha batería de preguntas á xerente do Servizo Galego de Saúde, Nieves Domínguez en relación co novo modelo de estrutura de xestión integrada das tres áreas sanitarias lucenses. A intención do deputado popular foi a de resolver algunhas dúbidas sobre a incidencia que este novo modelo de xestión ten nos hospitais de Burela e Monforte.

Segundo Balseiro a xerente do SERGAS na súa quenda de resposta desmentiu punto por punto os argumentos da oposición e das plataformas afíns que falaban dun falso desmantelamento dos Hospitais de Monforte e Burela e en concreto:

Confirmou que co novo modelo de xestión integrada non desaparece ningunha das tres áreas sanitarias lucenses: Nin a da Mariña, nin a de Lemos, nin a de Lugo capital. Rebateu, polo tanto, as informacións que apuntan que a Xunta creou unha soa área sanitaria para a provincia de Lugo e ratificou o compromiso adquirido polo presidente da Xunta cando aseguraba que non se modificaría o mapa sanitario galego “xa que as áreas sanitarias en Galicia son exactamente as mesmas que había”

Outra dos desmentidos feitos pola xerente do SERGAS serviu para ratificar que os hospitais de Burela e de Monforte seguirán a ser o centro de referencia para os pacientes da súa comarca, evitando así desprazamentos a Lugo. “Os mariñáns en Burela e os veciños de Lemos no hospital de Monforte poderán operarse e ser atendidos polos especialistas no centro hospitalario máis preto da súa casa e, incluso coa Lei de garantías que se atopa en tramitación parlamentaria e prevé aprobarse nesta lexislatura poderán escoller hospital”.

Nieves Domínguez tamén confirmou que a xestión integrada non leva aparellada a perda de ningunha consulta ou especialidade nos hospitais das comarcas lucenses, lonxe diso “se verán reforzados con novos servizos”. Confirmou tamén que, lonxe do que están a asegurar desde a oposición nos últimos catro anos “non se pechou nada, non se desmantelou nada e incluso os hospitais sitos nas comarcas lucenses viron mellorados os seus resultados”.

 Finalmente en relación coas competencias dos novos xerentes executivos de Monforte e da Mariña, Nieves Domínguez confirmou que dispoñen de máis capacidade de decisión e do orzamento necesario para velar pola saúde dos cidadáns da súa comarca. E explicou que agora deciden ademais dos asuntos propios dos seus hospitais tamén todos aqueles relativos aos centros de saúde da súa area, en definitiva, “amplían as súas competencias na atención primaria e especializada.

 VALORACIÓN DE BALSEIRO

 Feitas estas matizacións, o parlamentario do Partido Popular espera que sirvan para dar tranquilidade aos veciños da Mariña e, sobre todo, para poñer de relevo “as mentiras” empregadas pola oposición, sindicatos e plataformas afíns que chegaron incluso a buzonear panfletos alertando sobre un falso peche dos hospitais comarcais. “O tempo dará e quitará razóns e volverá a castigar electoralmente ás forzas da oposición que intentaron enganar aos seus veciños”

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en SANIDADE |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Abril 2013
    L M M X V S D
    1234567
    891011121314
    15161718192021
    22232425262728
    2930  
    « Mar   Mai »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: