Sector pesqueiro

O BNG se comporta como o peor “enemigo” do sector pesqueiro galego

Marcolax

O voceiro do Mar do Grupo Popular de Galicia e secretario do Parlamento de Galicia, José Manuel Balseiro, dixo hoxe que o BNG “se está a comportar como o peor enemigo do sector pesqueiro galego” e polo tanto, lamentou que cheguen á Mariña a falar do futuro do sector cando teñen unha posición política de “infiderencia, bloqueo e ata apoio directo a medidas que son lesivas para os intereses da nosa flota”.

Balseiro explicou que os nacionalistas veñen votando repetidamente en contra dos intereses do noso sector pesqueiro, en todos os grandes debates que sobre o seu futuro se veñen abordando no Parlamento autonómico. Así por exemplo o BNG se autoexcluíu das propostas sobre a reforma da Política Pesqueira Común elaboradas no ditame único de Galicia que contou co apoio unánime do Consello Galego de Pesca, isto é, do máximo órgano asesor da Xunta no ámbito pesqueiro o no que están representados desde confrarías, a agrupacións de mariscadoras en definitiva, todo o conxunto do sector.

Por si isto non fora suficiente o BNG tampouco foi quen de apoiar o acordo do Parlamento no que se pide a Europa a derogación do principio de estabilidade relativa, un modelo que prexudica a Galicia cando se trata de facer o reparto de TAC e cotas.

Os nacionalistas non foron capaces de votar en Galicia a petición para que as institucións comunitarias flexibilizaran a prohibición dos descartes pesqueiros, co consecuente prexuízo para o sector e nos últimos debates votaron en contra tamén das propostas da confrarías galegas para o novo plan de xestión do caladoiro nacional cantábrico noroeste ou para a modificación da actual normativa sobre tripulacións mínimas.

DESPEZAMENTOS

Balseiro non entende o repetido discurso nacionalista que acusa as actuais administración de promover o despezamento da flota pesqueira. E nese senso lembra que foi o goberno bipartito, do que formaba parte o BNG, o que máis despeces tiña previsto executar na flota galega.

De feito, José Manuel Balseiro lembrou ademais que o Executivo de PSdeG e BNG foi o que máis “fondos propios” dirixiu ao despezamento de buques, e explicou que investiron neste capítulo 66 millóns de euros: 16 en 2006; 29 en 2007; 12 en 2008 e 9 en 2009. Aos que hai que sumar un plan no que prevían despezar 93 novas unidades entre 2008 3e 2010

Balseiro defendeu que as actuais axudas para a paralización da flota teñen por obxecto propiciar un abandono da actividade de maneira digna para unidades non rentables ou antigas e que conta co respaldo das organizacións de armadores, ademais de ir acompañadas de axudas socioeconómicas para os tripulantes.