Brigadas municipais

Esta semana na Comisión 7 de Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes do Parlamento de Galicia

BALSEIRO INTERÉSASE POLA COLABORACIÓN QUE PRESTARÁ A XUNTA COS CONCELLOS A TRAVÉS DAS BRIGADAS MUNICIPAIS CONTRA OS INCENDIOS

Feijoo e Balseiro

  • Cualifica de especialmente acertado o apoio económico que a Xunta prestará aos concellos e que ascende ao 75% do custe
  •  As entidades locais son as que mellor coñecen as súas necesidades no marco da loita contra o lume

  

Santiago, 13 de maio de 2013.- O portavoz da área de Montes e Incendios do Grupo Popular e secretario do Parlamento galego, Jose Manuel Balseiro, preguntará pola colaboración que ten previsto prestar a Xunta de Galicia aos concellos galegos en termos de loita contra os incendios e, moi en concreto, no despregue das novas brigadas municipais. O parlamentario popular interpelará aos responsables da Consellería do Medio Rural e do Mar na comisión 7ª de Agricultura, Alimentación, Gandaría e Montes prevista para esta semana no Parlamento de Galicia.

A XUNTA SUBVENCIONA O 75% DO CUSTE

 Balseiro lembra que foi a propia conselleira, Rosa Quintana, quen sinalou como unha das prioridades do departamento que dirixe o establecemento dun reforzado modelo de relación cos concellos para articular a resposta en materia de prevención e extinción de incendios forestais, unha medida que desde o Grupo Parlamentario Popular entenden especialmente acertada -segundo salientou o deputado- xa que suporá un apoio económico desde a administración autonómica ás locais que ascende ao 75% do total do custe da brigada.

O portavoz da área de Montes de Incendios tamén defende que as entidades locais son as que mellor coñecen as súas necesidades en materia de incendios e polo tanto básicas na planificación destas accións.

BRIGADAS COMPOSTASP POR 4 O 5 PROFESIONAIS

Aínda que será na Comisión 7ª que ten previsto celebrarse esta semana Balseiro preguntará como teñen previsto estruturarse estas novas brigadas, cales serán as súas tarefas –no ámbito da prevención e extinción dos lumes-, limpeza das masas forestais e vixilancia.

Con todo, xa coñecemos que o número de brigadistas contratados poderá oscilar de entre 4 e 6 persoas para cada brigada que, en principio, prestarán os seus servizos entre os meses de xullo ata o remate da primeira quincena de outubro.

OUTROS APOIOS

O persoal das brigadas municipais disporá na súa tarefa de prevención e loita contra os incendios do apoio doutros operativos como poden ser os parques de bombeiros, tanos municipais como comarcais, como dos novos Grupos de Emerxencia Supramunicipais (GES) nun amplo operativo ao que tamén hai que sumar Protección Civil e o resto de corpos que colaboran nas emerxencias, como Garda Civil, Policía Nacional, Policía Autonómica, servizos sanitarios, etc.

Precisamente o pasado xoves o Consello da Xunta deu luz verde á sinatura dun convenio de colaboración entre o Goberno galego, a Federación Galega de Municipios e Provincias e as Deputacións provinciais, polo que as tres entidades achegarán 18,6 millóns de euros entre 2013 e 2015 para a creación e implantación dos grupos de emerxencias supramunicipais (GES)