• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Brigadas municipais
Cultivos enerxéticos forestais »

Pleno do Parlamento 14/15 maio

15, Maio 2013 por Admin B

Jose Manuel Balseiro lamenta que a oposición incida na discrepancia e non aproveite a ocasión para formular iniciativas construtivas para mellorar as políticas de prevención e extinción

O GRUPO POPULAR ASEGURA QUE AS PROPOSTAS DE AGE EN MATERIA DE LOITA CONTRA OS INCENDIOS FORESTAIS LEVARÍAN A DESMANTELAR O SERVIZO E Á VULNERABILIDADE DOS MONTES GALEGOS

PropB

 

  • Os populares insisten en que a Xunta ten que aproveitar todos os recursos e colaboracións dispoñibles, sen ningún tipo de excepción, na loita contra o lume

 

Santiago, 15 de maio de 2013.- O portavoz de Medio Rural do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, dixo que aprobar a moción formulada no pleno do Parlamento de Galicia polo grupo de Alternativa Galega de Esquerdas (AGE), en relación coa política a desenvolver en materia de loita contra os incendios forestais, suporía “o desmantelamento deste servizo e, polo tanto, deixar en situación de vulnerabilidade aos montes galegos”.

 O deputado popular lamenta a falta de iniciativas construtivas desde os grupos da oposición, xa que gran parte das propostas formuladas por AGE, e apoiadas por PSOE e BNG, xa foron debatidas tanto en Pleno como en Comisión sen posibilidade de acordo. “Insisten na diverxencia, no que nos separa, en reiterar cuestións nas que non podemos coincidir por pura responsabilidade, como por exemplo cando cometen o disparate de pedir que na loita contra os lumes empreguemos exclusivamente medios da Xunta”, dixo Balseiro.

TODOS OS RECURSOS E COLABORACIÓNS DISPOÑIBLES

Balseiro indicou que o Goberno galego ten que aproveitar “todos os recursos e colaboracións dispoñibles na loita contra o lume, sen ningún tipo de excepción”, e lembrou a “eficacia demostrada” dun operativo que hoxe conta coa axuda do Exército, dos apoios que pon o Ministerio, as brigadas forestais “ou incluso de medios especializados como os avións de carga en terra, dos que a Xunta pode facer uso grazas á colaboración público-privada”.

O portavoz popular volveu insistir en que contar con estes apoios é “imprescindible” e renunciar a eles “suporía aumentar o risco e diminuír a eficacia na loita contra o lume”. Dixo tamén que o feito de que haxa distintos medios e persoal participando nos operativos para facer fronte aos lumes forestais non implica ningún tipo de descoordinación. “Todo o contrario, corriximos esta situación herdada cando o PP impulsou unha reforma normativa para situar ao director técnico de extinción como o máximo responsable dos traballos a desenvolver en caso de incendio e como mando único operativo”, explicou.

 MÁIS RECURSOS

Balseiro tamén replicou ás críticas de AGE sobre o financiamento das políticas de prevención e extinción de incendios lembrando que o seu apoio económico “está blindado e sitúase en niveis orzamentarios similares a 2012”. Lembrou a irresponsabilidade e as continuas contradicións dos grupos da oposición, que chegaron a apoiar unha emenda socialista pedindo un recorte de 2 millóns de euros no orzamento deste servizo.

O deputado popular tamén salientou que en 2013 o Goberno galego decidiu incrementar as partidas orzamentarias de apoio á produtividade do monte, tras constatar a súa eficacia para a prevención dos lumes forestais. Neste sentido, puxo como exemplo que a Xunta elevou nun 161% o orzamento para accións de silvicultura ou nun 10% os fondos  destinados a accións de sanidade vexetal.

Desde o Grupo Parlamentario Popular tamén quixeron subliñar que na presente anualidade o Goberno galego vén de impulsar distintas medidas como son o apoio á redacción dos plans municipais de prevención (e a súa adaptación ás novas esixencias da lei de Montes), convenios con todos os concellos para a posta en marcha das brigadas municipais contraincendios e a tramitación dunha orde de axudas específicas para as comunidades de montes e que inclúe axudas para rozas de matorral, clareos, puntos de auga e outras medidas preventivas.

BRIGADAS FORESTAIS

Fronte ás críticas de AGE, o deputado popular tamén quixo aclarar que en todas as contratacións que se levan a cabo (tamén ás das empresas públicas) rexen os principios de mérito e capacidade, ao tempo que a experiencia laboral e a formación específica sempre son dous factores básicos á hora de contratar e, polo tanto, méritos puntuables de enorme peso á hora de seleccionar aos profesionais que traballan nas brigadas e que desempeñan unha función moi importante, reforzada agora grazas aos convenios cos concellos e os novos Grupos Supramunicipais de Emerxencias (GES)

Ante todo este conxunto de propostas, Jose Manuel Balseiro lamentou a intransixencia das forzas da oposición, ás que pediu que depuxeran a súa intención de politizar esta cuestión e acolleran favorablemente por responsabilidade o chamamento ao consenso feito no último pleno pola conselleira Rosa Quintana “para loitar todos xuntos contra o que debera ser o verdadeiro inimigo común: aquel que provoca incendios nos nosos montes”.

 

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MEDIO RURAL, MONTES |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Maio 2013
    L M M X V S D
     12345
    6789101112
    13141516171819
    20212223242526
    2728293031  
    « Abr   Xuñ »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: