Cultivos enerxéticos forestais

O Grupo Parlamentario Popular sigue apostando pola potencionalidade do aproveitamento dos nosos montes a través do fomento do uso da biomasa forestal como fonte enerxética

GALICIA TEN QUE DISPOÑER DUNHA NORMATIVA DE CONSENSO QUE REGULE O CONTROL DOS CULTIVOS ENERXÉTICOS NO MONTE

Plantaciones-de-eucalipto

 

  • Trataríase de desenvolver un aproveitamento forestal que xa foi previsto polo bipartito desde o máximo respecto ambiental e co máximo consenso posible.
  • A Xunta xa presentou ante a Mesa da Madeira o borrador da nova noramtiva para recibir achegas e propostas por parte dos integrantes do conxunto do sector forestal

  

Santiago, 16 de maio de 2013.- O portavoz da área de Montes do Grupo Parlamentario Popular e Secretario do Parlamento galego, Jose Manuel Balseiro defendeu hoxe que Galicia ten que dispoñer dunha normativa específica e de consenso que regule o control dos cultivos enerxéticos no monte.

De feito, trataríase de desenvolver un aproveitamento forestal que xa foi previsto polo Goberno bipartito –no decreto 149/2008, de 26 de xuño– e que xa regulan outras comunidades autónomas como Castela-León e Andalucía. Balseiro si significou que, en todo caso, esta nova normativa debe desenvolverse a través de dúas liñas de traballo: o máximo respecto ambiental e o máximo consenso posible.

Os populares rexeitaron unha iniciativa de AGE que pedía a prohibición deste tipo de cultivos enerxéticos forestais, tras lembrar que “anticiparse sobre o contido dunha orde que está en pleno debate e falar de hipóteses e incluso desprezar aos axentes que están a ser consultados”

Significou que nesa liña xa está a traballar o Goberno galego que deu traslado ante a Mesa da Madeira do borrador desta nova normativa para recibir achegas e propostas por parte dos integrantes do conxunto do sector forestal. “Temos que esperar a coñecer cales son as achegas do sector forestal a través da Mesa da Madeira”.

Balseiro dixo finalmente, que os cultivos enerxéticos forestais para a produción de enerxía abren novas vías de aproveitamento do monte, pero tamén novas liñas de investigación para determinar cuestións como as especies que se deben usar, os modos de produción ou os efectos para o medio ambiente. “Desde o PP defenderemos  que sexan plantacións sostibles, nas que se teñan en conta criterios non só económicos, senón tamén sociais e ambientais”- dixo Balseiro

A BIOMASA FORESTAL UNHA OPORTUNIDADE

Para concluír e, segundo explicou Balseiro, o Grupo Parlamentario Popular segue apostando pola potencionalidade do aproveitamento dos nosos montes a través do fomento do uso da biomasa forestal como fonte enerxética e nese senso lembrou que hai un acordo Parlamentario, aprobado a iniciativa do PP que contou tamén voto favorable de AGE.