• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Cultivos enerxéticos forestais
Moción de censura en O Valadouro »

Comisión de Pesca 22/05/2013

22, Maio 2013 por Admin B

O voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, lamenta que PSOE, AGE e BNG, pese a manter unha reunión co sector na que se lles trasladou a importancia deste acordo non votasen favorablemente a esta petición que reclamaban os propios mariñeiros

O PARLAMENTO GALEGO APROBA A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR QUE RECLAMA AOS EURODEPUTADOS ESPAÑOIS QUE REXEITEN O ACORDO PESQUEIRO DA UNIÓN EUROPEA CON MAURITANIA

Mauritania

  • Demandan manter un bloqueo namentres non se permita á flota cefalopodeira pescar no caladoiro mauritano
  • Esixen tamén que os gobernos autonómicos de Andalucía e Canarias onde ten porto base gran parte da flota, se invulucren na estratexia de bloqueo do acordo pesqueiro

Santiago, 22 de maio de 2013.- A Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia vén de aprobar unha iniciativa impulsada polo voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, pola que se reclama aos eurodeputados españois que voten en contra do acordo pesqueiro entre a Unión Europea e Mauritania, como mínimo, ata que no mesmo non se inclúa a posibilidade de pesca para a flota cefalopodeira.

O acordo parlamentario saíu adiante co apoio do Grupo Popular e parcialmente (no punto primeiro) tamén co voto favorable do BNG. Balseiro lamentou que PSOE, AGE e BNG, pese a manter unha reunión co sector na que se lles trasladou a importancia deste acordo, non foron quen de votar favorablemente a esta petición que reclamaban os propios mariñeiros. Con todo, significou a importancia da iniciativa aprobada e de que sexa o Parlamento galego o que pida aos nosos representantes europeos unha toma de posición firme en defensa dos intereses dos mariñeiros galegos que, ata o de agora, viñan traballando no caladoiro mauritano.

O texto final tamén mantén a petición formulada polo Grupo Popular para que os gobernos autonómicos andaluz e canario se invulucren na estratexia de bloqueo do acordo pesqueiro, que para entrar en vigor de xeito definitivo precisa ser ratificado polas institucións comunitarias. Balseiro lembrou, neste senso, que son estas dúas comunidades onde teñen base maioritariamente os barcos cefalopodeiros, aínda que gran parte da tripulación é galega.

A XUNTA ACTÚA DESDE O PRIMER MOMENTO

Balseiro defendeu as xestións levadas a cabo tanto pola Xunta como desde o Ministerio e lembrou que veñen traballando activamente para corrixir a “desastrosa negociación” do anterior Goberno socialista que, “incomprensiblemente aceptou os termos máis férreos e duros deste acordo pesqueiro co país africano”.

Agora os populares teñen postas as súas esperanzas nas dúas vías de traballo abertas por Xunta e Goberno central, tanto na Eurocámara como na negociación directa coa propia Comisión Europea. Iso si, Balseiro lamentou o erro estratéxico do PSOE, que primeiro deu pé a unha mala negociación e agora pide que se negocie bilateralmente con Mauritania un acordo que é multilateral e que se decide en Bruxelas.

O deputado popular quixo manter unha postura optimista cara o futuro respecto da reconsideración dos termos máis negativos do acordo e lembrou que a presión da Xunta e do Goberno central xa ten acadado algúns avances. Así, por exemplo, Balseiro explicou que foi a petición do Goberno galego polo que se incluíu á flota cefalopodeira no anexo do propio acordo pesqueiro –aínda que con cota cero- o que permitiría outorgarlle posibilidades de pesca no futuro. E tamén, Xunta e Ministerio forzaron a reunión do Comité Científico previsto no propio acordo, ao obxecto de acreditar o bo estado do recurso do polbo no caladoiro mauritano.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Maio 2013
    L M M X V S D
     12345
    6789101112
    13141516171819
    20212223242526
    2728293031  
    « Abr   Xuñ »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: