• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Comisión de Pesca 22/05/2013
Pleno do Parlamento de Galicia (28 de maio) »

Moción de censura en O Valadouro

24, Maio 2013 por Admin B

O secretario xeral do PPdeLugo foi moi crítico co pacto acadado por PSOE, UDIVAL e BNG para impulsar unha moción de censura que arrebatará ao Partido Popular, a forza máis votada, o goberno local

BALSEIRO: “PSOE E UDIVAL POÑEN PREZO Á ALCALDÍA DO VALADOURO”

RP Valadouro2 24 05 2013

  • “Non é unha moción de censura, baseada nun pacto político, nun programa ou ideas alternativas, senón unha simple transacción económica, mercantil: quen rompa o pacto paga 100.000€”
  • “É lamentable que unha persoa que aspira a liderar o PSOE a nivel autonómico (Besteiro) autorice este tipo de amaños. Si para eles un concello de 2.000 habitantes vale 100.000€ terían que aclarar si hai máis pactos deste tipo noutros bipartitos da provincia”

O Valadouro, 24 de maio de 2013.- Jose Manuel Balseiro Orol foi hoxe moi crítico co pacto acadado por PSOE, UDIVAL e BNG para impulsar unha moción de censura que arrebatará ao PP, a forza máis votada polos veciños, o goberno local no Concello do Valadouro.

Balseiro dixo que PSOE e UDIVAL “poñen prezo á alcaldía do Valadouro” logo de verse na obriga de recoñecer que “chegaron a un pacto inédito na historia da democracia” polo que as dúas forzas que conformarán o futuro goberno municipal se comprometen a indemnizarse con 100.000 euros en caso da ruptura do pacto.

“Non é unha moción de censura, baseada nun acordo político, nun programa ou no interese veciñal, senón unha simple transacción mercantil, un amaño económico: quen rompa o pacto paga”-dixo Balseiro- quen emprazou aos asinantes a, unha vez recoñecido que asinaron un documento ante notario, fagan públicas cada unha das súas cláusulas.

O dirixente popular foi especialmente crítico cos responsables provincias de PSOE e BNG que, segundo dixo, participaron na negociación desta moción de censura. Dixo que deberán dar conta ante os veciños destas negociacións secretas. Balseiro dirixiuse de xeito directo a Jose Ramón Gómez Besteiro para asegurar que, “unha persoa que aspira a liderar o PSOE en Galicia permite este tipo de tretas”
“Si para Besteiro e compañía a alcaldía dun concello de 2.000 habitantes vale 100.000 euros, canto será o custe pagado noutros bipartitos”- preguntou Balseiro- quen sospeita que esta non é unha práctica illada no Valdouro. “Unha vez que o PSOE provincial recoñece e autoriza isto, deben aclarar si hai máis pactos deste tipo pola provincia”

O dirixente popular tamén dirixiuse ao BNG que, a pesar de ter dito que non quere integrarse no futuro goberno municipal, “por desconfianza nos seus integrantes” debe aclarar se tamén participou da sinatura dese pacto ante notario e se, unha vez coñecido os termos nos que se propón, “van a permitilo”.

Xa en clave local Jose Manuel Balseiro amosouse sorprendido porque o futuro bipartito naza desde a desconfianza e preguntou “que credibilidade poden ter ante os veciños uns señores que non se fían entre eles” en referencia a necesidade de abonar a indemnización en caso de ruptura do pacto. Dixo tamén que actuarán como un “matrimonio de conveniencia, dá igual como gobernen, ben o mal, teñen que seguir xuntos porque senón será a súa ruína”

Lembrou tamén que no Valadouro os veciños deron a maioría ao Partido Popular, á lista encabezada por Jose Manuel Lamela, “e polo tanto que este pacto de intereses so busca usurpar do goberno local a vontade dos cidadáns”. Significou que de levarse adiante a moción “a alternativa é un equipo de goberno máis débil, sen programa, sen ideas, sen iniciativas e moi probablemente un concello en negativo que se confrontará con Xunta e Goberno central, con todas as administracións nas que hoxe o PP ten responsabilidade de goberno”

Finalmente Jose Manuel Balseiro volveu a manifestar o seu apoio ao actual alcalde, o popular Jose Manuel Lamela de quen dixo ten o recoñecemento dos seus veciños, que saben que traballou co único interese de defender o mellor para o seu pobo, aínda en tempos de dificultade. Conta e contará co respaldo de todo o Partido Popular.

O secretario xeral dos populares lucenses, Jose Manuel Balseiro, fixo estas declaracións na rolda de prensa que ofreceu esta mañá en compañía do actual alcalde, Jose Manuel Lamela, da vicesecretaria provincial Elena Candia e do coordinador territorial pola Mariña, Jose María González Barcia.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en General |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Maio 2013
    L M M X V S D
     12345
    6789101112
    13141516171819
    20212223242526
    2728293031  
    « Abr   Xuñ »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: