• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Moción de censura en O Valadouro
Mauritania »

Pleno do Parlamento de Galicia (28 de maio)

28, Maio 2013 por Admin B

Jose Manuel Balseiro lamenta que a oposición non dea resposta ao ofrecemento da conselleira do Medio Rural e do Mar que instaba a “loitar, todos xuntos, contra o que debera ser o noso verdadeiro inimigo común: aquel que provoca incendios nos nosos montes”

OS SOCIALISTAS BLOQUEAN NO PARLAMENTO UN ACORDO CON PROPOSTAS PARA MELLORAR O SISTEMA DE PREVENCIÓN E EXTINCIÓN DE INCENDIOS

Pleno do Parlamento

  • Os populares estaban dispostas a apoiar 4 dos 7 puntos incluídos na iniciativa do Grupo Socialista pero o PSOE rexeitou esta posibilidade.
  • Desde o PP defenden as novas brigadas municipais porque os concellos son os que mellor coñecen o seu territorio e, polo tanto, colaboran con eficacia na planificación da estratexia contra os lumes forestais, un modelo que os alcaldes tamén apoian.

Santiago, 28 de maio de 2013.- Os socialistas bloquearon esta tarde no Parlamento un acordo que puido ser aprobado co voto favorable de todos os partidos políticos e no que se incluían unha serie de actuacións para levar a cabo polo Goberno galego en materia de mellora do sistema de prevención e extinción de incendios forestais.

Os populares, solicitaron a votación por puntos, extremo que o PSOE non aceptou, e que puidera ter permitido aprobar 4 das 7 propostas incluídas na moción plenaria do Grupo Socialista. Finalmente como a votación efectuouse dos 7 puntos no seu conxunto, o acordo no foi posible e o Grupo Popular votou en contra do contido da iniciativa.

O deputado popular, Jose Manuel Balseiro, aproveitou a súa intervención para lamentar a actitude da oposición e dar testemuña do ofrecemento feito pola conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, quen no pasado pleno, chamou a “loitar, todos os grupos políticos xuntos, contra o que debera ser o noso verdadeiro inimigo común: aquel que provoca incendios nos nosos montes”

BRIGADAS MUNICIPAIS

Por outra banda, fronte as críticas da oposición Jose Manuel Balseiro defendeu o novo modelo de brigadas municipais que “complementan e ofrecen unha resposta inmediata nas tarefas de prevención e extinción de incendios”. Dixo tamén que xa se están a asinar os convenios de colaboración en todos os distritos forestais, coa boa acollida dos alcaldes, e que estes acordos contan co visto e prace da FEGAMP.

Balseiro quixo poñer en valor a importancia da colaboración entre a Xunta e os concellos xa que ninguén coñece mellor o seu territorio como as administración locais e, polo tanto, ninguén mellor que eles poden planificar dun xeito acertado e coordinado coa Xunta a estratexia a desenvolver contra as situacións de lume forestal.

PLADIGA

Os populares tamén rexeitaron a proposta do PSOE de presentar xa en xaneiro o PLADIGA (plan de defensa contra os incendios forestais) xa que anticipalo suporía recortar a súa efectividade, pois este documento se encarga de planificar a temporada de alto risco –a tempada estival-. A súa elaboración te lugar logo de coñecerse o orzamento dispoñible, a situación climatolóxica invernal e primaveral, e facer as consultas pertinentes cos distintos distritos forestais. Lembrou neste senso que o propio PSOE sabe que este é procedemento correcto, e por iso no mandato do bipartito, aprobaron o PLADIGA tamén sempre a mediados ou a finais do mes de maio.

PERSOAL

Finalmente Balseiro volveu a defender a necesaria colaboración entre as administración e empresas concesionadas que permiten, entre outros dispoñer de medios moi especializados na súa tecnoloxía como os avións de carga en terra e dixo que desde a Xunta se defende unha profesionalización progresiva do dispositivo contra os incendios.

Asegurou que o 94% das brigadas permanentes teñen os seus postos cubertos, con case 2.000 profesionais e que as vacantes serán cubertas a través do procedemento habitual, valorando experiencia e aplicando criterios públicos como a publicidade, mérito e capacidade.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MONTES |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Maio 2013
    L M M X V S D
     12345
    6789101112
    13141516171819
    20212223242526
    2728293031  
    « Abr   Xuñ »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: