• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Parlamento: acuicultura
Xestión forestal »

Parlamento de Galicia: Comisión de Pesca

5, Xuño 2013 por Admin B

O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, defendeu na Comisión de Pesca que Galicia ten un atractivo turístico inigualable con 1.400 km de costa e unha historia ligada ao mar

O PARLAMENTO DE GALICIA INSTA Á XUNTA, A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR, A IMPULSAR O TURISMO MARIÑEIRO COMO OPORTUNIDADE ECONÓMICA E DE EMPREGO

Foto EL PROGRESO: JOSÉ Mª ÁLVEZ)

  • O mandato sinala tres aspectos a potenciar: a posta en valor dos recursos patrimoniais e culturais do mar en Galicia, a integración da pesca deportiva e finalmente, a potenciación das actividades náuticas.
  • Reclama a creación dunha comisión mixta integrada pola Consellería do Medio Rural e do Mar, Secretaría Xeral de Deportes e Secretaría Xeral de Turismo, dada a transversalidade dos programas a desenvolver

Santiago, 5 de xuño de 2013.- O Parlamento galego aprobou hoxe unha iniciativa do Grupo Popular pola que se insta á Xunta de Galicia a impulsar o turismo mariñeiro como oportunidade económica e de emprego. O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, defendeu na Comisión de Pesca e Marisqueo que tivo lugar hoxe na Cámara galega que Galicia dispón dun referente turístico de primeira orde, ligado aos seus 1.400 quilómetros de costa e a unha historia vinculada ao mar e aos oficios marítimo-pesqueiros.

A proposición non de lei tamén establece o camiño a seguir neste ámbito que, segundo o acordo proposto, pasa pola potenciación de tres aspectos: Primeiro, a posta en valor dos recursos patrimoniais e culturais do mar en Galicia, segundo, a integración da pesca deportiva en compatibilidade coa actividade extractiva profesional; e, finalmente, a potenciación das actividades náuticas.

A iniciativa establece que a potenciación do turismo mariñeiro sexa unha competencia transversal, coordinada e impulsada nunha mesma dirección por distintos departamentos da Xunta. Para elo pide a creación dunha comisión mixta que se integre de forma activa na redacción e posterior execución desta plan de potenciación do turismo mariñeiro e na que, polo menos, participen: a Secretaría Xeral de Deportes, a Secretaría Xeral de Turismo e os departamentos que correspondan dependentes da Consellería do Medio Rural e do Mar (entre eles Portos de Galicia)

EFECTIVO NA LOITA CONTRA A CRISE

Jose Manuel Balseiro defende que resulta imprescindible aproveitar todo o potencial que para o turismo ten o mar, desenvolvendo a súa faceta cultural e etnográfica e potenciando a visión do medio mariño como punto de desenvolvemento de actividades de lecer e, de xeito especial agora que, a situación de crise obriga exixe dos poderes públicos a adopción de medidas efectivas e eficientes que coadxuven a paliar os seus efectos e a reducir o desemprego.

Balseiro lamentou que as forzas da oposicion non tiveran a responsabilidade de apoiar esta iniciativa, baseándose non no rexeitamento da proposta senón na autoría do Grupo Popular e lembrou que deste xeito PSOE, AGE e BNG volven a dar as costas a unha demanda que contou co apoio do propio sector.

De feito o portavoz popular lembrou que a proposión non de lei foi presentada e tivo moi boa acollida ante representantes dos principais axentes do sector pesqueiro. Concretamente nunha xuntanza con patróns maiores das confrarías de pescadores lucenses e represantes das directivas dos principais Clubs Náuticos da Mariña, que puideron realizar as súas achegas e suxestións para o impulso do turismo mariñeiro, cada quen no seu ámbito de influencia

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MAR, TURISMO |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Xuño 2013
    L M M X V S D
     12
    3456789
    10111213141516
    17181920212223
    24252627282930
    « Mai   Xul »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: