• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Xestión forestal
Menos taxas »

Prevención de lumes forestais

10, Xuño 2013 por Admin B

O Goberno galego destina preto de 2 millóns de euros á cesión destes vehículos para o parque móbil dos concellos

BALSEIRO SALIENTA QUE OS CONCELLOS PODERÁN RENOVAR AS SÚAS MOTOBOMBAS MUNICIPAIS CO APOIO DA XUNTA

untitled

  • As motobombas municipais son unha ferramenta tecnolóxica e operativa a disposición dos concellos e de grande eficacia na loita contra o lume
  • Os vehículos que poden ser equipados con cisterna de 3.000 litros e cabina sinxela e outros equipados con cisterna de 2.400 litros e cabina dobre

Santiago, 10 de xuño de 2013.- O portavoz da área de Montes do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, rexistrou unha iniciativa interesándose polo apoio da Xunta aos concellos galegos para a renovación das motobombas municipais e, deste xeito, polo reforzo do disposto do operativo de prevención, loita e extinción dos lumes forestais.

Balseiro quere coñecer cantas motobombas ten previsto adquirir a Consellería do Medio Rural e do Mar, cales van a ser as características de financiamento desta liña de apoios e que criterios teñen previsto seguirse na asignación destas motobombas. O parlamentario anima a alcaldes e corporacións locais a facerse a solicitar estas axudas.

2 MILLÓNS DE EUROS EN AXUDAS

O Goberno galego anunciaba nas pasadas datas  que destinou preto de 2 millóns de euros á cesión de motobombas para o parque móbil dos concellos. Esta decisión debe enmarcarse na liña de colaboración permanente que a Consellería do Medio Rural e do Mar mantén cos concellos galegos para impulsar e desenvolver distintas medidas dirixidas á atención das emerxencias.

GRANDE EFICACIA

Balseiro quixo salientar que as motobombas municipais son unha ferramenta tecnolóxica e operativa a disposición dos concellos e de grande eficacia na loita contra o lume e que, de xeito complementario, o propósito da Consellería é impulsar un plan de modernización destes equipamentos.

O obxectivo final é dotar dos equipamentos precisos para minorar ao máximo as consecuencias e os impactos negativos que os incendios forestais provocan sobre a capacidade potencial de desenvolvemento e produción dos nosos montes, así como sobre a fauna, a flora e a paisaxe de Galicia.

CARACTERÍSTICAS

Os vehículos obxecto de cesión son de dous tipos: uns deles equipados con cisterna de 3.000 litros e cabina sinxela e outros equipados con cisterna de 2.400 litros e cabina dobre.

Para a presentación de solicitudes da cesión de motobombas os concellos interesados disporán dun prazo que remata o 22 de xuño.

BRIGADAS MUNICIPAIS

A campaña de incendios en Galicia está a piques de iniciarse, e este verán o dispositivo contará ademais con novas brigadas municipais, que se sumarán ás propias do Seaga. Este operativo que está a desenvolverse tras asinar un acordo coa Federación Galega de Municipios e Provincias (Fegamp) e froito do convencemento de que as administracións locais son as que mellor coñecen o seu territorio e, en consecuencia, uns aliados fieis na loita contra o lume.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MONTES |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Xuño 2013
    L M M X V S D
     12
    3456789
    10111213141516
    17181920212223
    24252627282930
    « Mai   Xul »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: