• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Menos taxas
Pleno do Parlamento »

Montaña lucense

12, Xuño 2013 por Admin B

O Grupo Popular quere coñecer as medidas que ten previsto adoptar a Xunta para que a conservación do oso pardo sexa vista como unha oportunidade de desenvolvemento das comunidades rurais nas que habita unha das especies máis ameazadas da fauna galega

OS DEPUTADOS LUCENSES QUEREN FACER DO PLAN DE RECUPERACIÓN DO OSO PARDO UNHA NORMATIVA DE CONSENSO

Oso pardo

  • Os deputados lucenses, encabezados por Jose Manuel Balseiro preguntan sobre as xestión da Xunta de Galicia para dar unha maior oportunidade de participación á cidadanía e aos colectivos interesados en propoñer achegas para a elaboración final desta proposta normativa.

Santiago, 12 de xuño de 2013.- Os deputados lucenses do Grupo Popular na Cámara galega, encabezados polo seu secretario xeral Jose Manuel Balseiro, rexistraron unha iniciativa parlamentaria para interesarse polo Plan de recuperación do oso Pardo e, máis en concreto, polas medidas que a Consellería de Medio Ambiente desenvolve para dar unha maior oportunidade de participación á cidadanía e aos colectivos interesados en propoñer achegas para a elaboración final desta proposta normativa.

O Goberno galego vén de someter a información pública este plan que busca protexer a unha das especies máis vulnerables e ameazadas da fauna galega, así como determinar as zonas nas que se aplicarán as medidas para a súa conservación conforme ao establecido na Directiva europea sobre hábitats (Natura 2000).

O plan, que na actualidade está en exposición pública, afecta a algúns concellos da Montaña lucense, máis en concreto, un total de 64.820 hectáreas que inclúen de xeito parcial os termos municipais de Cervantes, Navia de Suarna, Negueira de Muñiz, Pedrafita do Cebreiro, Folgoso do Courel, Quiroga, Triacastela e Samos.

O MÁXIMO CONSENSO

A normativa final establecerá condicionamentos desde o punto de vista da ordenación e aproveitamentos forestais, regulación de uso de camiños, pistas e vías pecuarias, regulamentación da caza, apicultura, rozas manuais e afectación as poboacións doutras especies como o lobo ou o xabarín, etc.

Con todo, tanto desde o Grupo Popular como desde a propia Xunta insisten na importancia de que a futura proposta normativa naza do máis amplo consenso posible e poñen en valor que está aberta ás achegas que poidan realizarse, durante o proceso de alegacións –que incluso foi ampliado-

OPORTUNIDADE DE DESENVOLVEMENTO

Finalmente, Jose Manuel Balseiro tamén indica que a través desta iniciativa o Grupo Popular quere coñecer as medidas que ten previsto adoptar a Xunta para que a conservación do oso pardo sexa vista como unha oportunidade de desenvolvemento das comunidades rurais nas que habita unha das especies máis ameazadas da fauna galega

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MEDIO AMBIENTE |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Xuño 2013
    L M M X V S D
     12
    3456789
    10111213141516
    17181920212223
    24252627282930
    « Mai   Xul »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: