Solo industrial máis accesible

O deputado popular Jose Manuel Balseiro pon en valor os apoios do Goberno galego para crear novas oportunidades de emprego e facer máis doado acceder a empresas e emprendedores ao solo industrial

A XUNTA IMPULSA UN PLAN PARA OFRECER 169.146 METROS CADRADOS DE SOLO INDUSTRIAL NA MARIÑA LUCENSE “MÁIS ACCESIBLE, A MELLOR PREZO E EN MELLORES CONDICIÓNS DE PAGAMENTO”

  • Os concellos de Barreiros, Cervo (Cuiña), Foz, Viveiro (Landrove), Lourenzá e A Pontenova teñen de preto dun cento de parcelas dispoñibles cuxos futuros propietarios poden beneficiarse destes apoios.
  • O Presidente da Xunta impulsou este paquete de medidas para que os que queiran investir en solo industrial en Galicia saiban onde poden facelo e que, neste momento, é máis barato que nunca facelo.
  • Os incentivos inclúen descontos medios do 20% na adquisición de parcelas, a posibilidade de aprazar o pagamento ata en 5 anos, ou de alugar con opción a compra

Santiago, 21 de xuño de 2013.- O deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, quixo poñer en valor o plan anunciado pola Xunta no día de onte e sinalou que só na Mariña lucense se ofertan 169.146 metros cadrados de solo industrial dun xeito “máis accesible, a mellor prezo e en mellores condicións de pagamento”.

Trátase, en en resumidas contas de abaratar os prezos do solo, de ofrecer facilidades de pago para empresas e emprendedores naqueles parques industrias da nosa comarca con parcelas dispoñibles e que foron promovidos pola administración autonómica. A medida busca contribuír a xerar novas oportunidades de emprego e servir de pulo para a reactivación económica.
Balseiro explicou que na Mariña os polígonos industriais situados nos concellos de Barreiros, Cervo (Cuiña), Foz, Viveiro (Landrove), Lourenzá e A Pontenova teñen preto dun cento de parcelas dispoñibles (98) cuxos futuros propietarios poden beneficiarse destes apoios.

O parlamentario popular lembrou as palabras do Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo, quen explicou que impulsou este paquete de medidas e apoios para que os que queiran investir en solo industrial en Galicia “saiban onde poden facelo e que, neste momento, é máis sinxelo que nunca facelo”.

Póñense así en marcha medidas distribuídas fundamentalmente en dúas liñas: realizar importantes descontos no prezo do solo e facilitar o pago, e, en segundo lugar, fomentar a colaboración con todas as administracións –fundamentalmente concellos- para vender máis solo industrial.

BONIFICACIÓNS DE ATA O 20 E 50%

En concreto, a administración autonómica impulsará –a través da empresa pública Xestur- as seguintes medidas económicas de fomento da venda de solo empresarial:

• Unha bonificación do 5 por cento do prezo da parcela para os interesados que simplemente se inscriban no rexistro de demandantes de solo industrial aberto o pasado luns no Diario Oficial de Galicia

• Descontos por pago ao contado, por volume de compra, de acordo as seguintes liñas: no caso de parques rematados hai máis de 5 anos, o desconto será de ata o 10 por cento, e cando o importe da compra supere os 500.000 haberá unha bonificación extra do 5 por cento, mentres que nas contías inferiores a esa cantidade o desconto será do 3 por cento. SE operación engloba tres ou máis parcelas, haberá un desconto adicional doutro 2 por cento.

Xunto con isto destacou que, no caso das naves e industrias emprazadas fóra de ordenación, se establecen condicións especiais para facilitar o traslado a polígonos industriais. Neste caso, sinalou, a achega dos Xestures será dun desconto do 3 por cento sobre o prezo de venda que se ven sumar aos descontos anteriores. Finalmente, avanzou que se ofrecerán parcelas singulares a baixo prezo, con descontos que oscilan entre o 5 e o 50 por cento. Polo tanto, destacou, estamos cunha batería de descontos que serán de media do 20 por cento

Ao carón destes incentivos, o Goberno galego acordadas as medidas destinadas a facilitar o pagamento do solo industrial, contemplando o aprazamento de ata en cinco anos. Ademais, Balseiro quixo subliñar que se abre a posibilidade de establecer o dereito de superficie por 30 anos prorrogables e, en terceiro lugar, se crea a oportunidade de aluguer con opción a compra.

FOMENTO DA COLABORACIÓN

Non só a Xunta pretende impulsar estes apoios a motu propio xa que logo, como explicou Balseiro, avanza na intención de iniciar vías de colaboración con concellos e entidades bancarias. Esta colaboración empezará polas propias consellerías de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas e de Economía e Industria, que dará lugar a unha liña de subvencións a fondo perdido para a compra de superficie empresarial e rematará coa implicación daqueles concellos que queiran participar con descontos de ata o 90 por cento das taxas e impostos aos compradores e ás PEMEs locais e comarcais.

Procurarase tamén unha liña de colaboración coas entidades bancarias para facilitar o financiamento das operacións da venda de solo empresarial da comunidade autónoma.

ANEXO

Sin título