Opinión: Salvar o naval

Salvar o naval

 A todos os traballadores quixéramos transmitirlles, o primeiro de todo, a nosa solidariedade e apoio. Así como o compromiso de que seguiremos dando a batalla, en todos os ámbitos, para que esta inxusta decisión poida verse rectificada.

O comisario socialista da Competencia, Joaquín Almunia, negouse a rectificar, a pesar de que dispoñía de sólidos argumentos para facelo, e a súa proposta sobre a devolución das axudas do naval é xa a posición firme da Comisión Europea.

O castigo de Almunia ten o seu impacto nun sector, o da construción naval, que na nosa comarca xera entorno a 300 empregos nos estaleiros da Mariña lucense e do occidente asturiano, traballadores que agora ven con maior incerteza o seu futuro.

 A todos eles quixéramos transmitirlles, o primeiro de todo, a nosa solidariedade e apoio. Así como o compromiso de que seguiremos dando a batalla, en todos os ámbitos, para que esta inxusta decisión poida verse rectificada.

 O reintegro das axudas golpea a unha industria con dificultades, pero tamén é certo que ten demostrado a súa capacidade para ser competitiva e xerar emprego e poñer no mercado embarcacións de calidade, cando teñen espazos e oportunidades.

A decisión do comisario socialista Almunia resulta incomprensible desde o punto de vista xurídico e político. Empezando polo precedente francés, onde a Comisión declinou exixir a devolución das axudas. Tampouco entendemos como pode ser un comisario español quen tome unha decisión destas características. Primeiro, polo golpe que supón ao seu país. E segundo, polo descoñecemento que evidencia da realidade dun sistema que buscaba garantir a fortaleza dun sector en plena batalla comercial cos estaleiros asiáticos.

Aínda hai marxe para corrixila. O presidente Feijóo trazou onte a folla de ruta: pedirlle ao Goberno que recorra esta decisión ao Tribunal de Xustiza da UE e suspender a súa aplicación. Hoxe é o momento para volver a traballar xuntos. Se algo demostramos, é que Goberno, Xunta, CC.AA. e sindicatos foron na mesma dirección. A unión en apoio dun sector estratéxico na economía do noso país, convértese na nosa principal baza á hora de facer rectificar ás autoridades comunitarias.

A defunción do sector naval ten apelido socialista, certo, pero que a ninguén lle quede dúbida algunha de que o Goberno fará todo o que estea na súa man para salvar ao naval. Para corrixir esta decisión inxusta e irresponsable.