• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« A Maruxaina
Flota artesanal »

Pesca da Xarda (caballa)

13, Agosto 2013 por Admin B

O voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, reclama que se poñan en marcha os mecanismos de defensa precisos para evitar que a flota destes países esquilmen o caladoiro Atlántico Nordeste

O GRUPO POPULAR DEFENDE NO PARLAMENTO GALEGO A IMPOSICIÓN DE MEDIDAS SANCIONADORAS CONTRA AS ILLAS FEROE E ISLANDIA POLA SOBREPESCA DE XARDA

PropA

  • Buscan acadar un acordo parlamentario polo que se lle pida á Comisión Europea, aos deputados galegos na Eurocámara e ao Ministerio a continuidade do apoio a esta petición
  • “Non parece moi lóxico que, mentres as flotas comunitarias, entre elas a galega, están apostando pola sostibilidade pesqueira, co esforzo que esto implica, existan países que unilateralmente xoguen a esquilmar os nosos mares”

 

Santiago,  13 de agosto de 2013.- O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular e secretario do Parlamento de Galicia, José Manuel Balseiro, defendeu hoxe a imposición de medidas sancionadoras contra as Illas Feroe e Islandia pola sobrepesca de xarda que están a levar a cabo as flotas destes dous países en augas do caladoiro Atlántico Nordeste.

 Os populares defenderán no Parlamento galego unha proposición non de lei pola que se demanda á Comisión Europea, aos deputados galegos na Eurocámara e ao Ministerio a continuidade do apoio a esta petición que busca protexer os intereses pesqueiros da flota comunitaria e moi en concreto, os da galega, para a que a xarda é un recurso pesqueiro de gran importancia. Cando teña lugar o debate desta iniciativa no Parlamento galego, esperan contar co voto favorable do resto das forzas políticas galegas: PSOE, AGE e BNG.

 Os populares víronse na obriga de demandar estas sancións tras constatar as queixas reiteradas dos profesionais do mar pola conduta de Islandia e as Illas Feroe no que respecta a súa negativa a limitar a súa pesca, porque a súa incumprimento coloca á flota comunitaria nunha posición de desvantaxe.

Balseiro insiste en que non parece moi lóxico que, mentres as flotas comunitarias “están apostando pola sostibilidade pesqueira, de tal xeito que adaptamos as nosas posibilidades de pesca de conformidade cos ditames científicos, co esforzo que esto implica, existan países que unilateralmente renuncien a todo esforzo de conservación e fixen as súas cotas sen ningunha restrición”.

 Segundo o voceiro do Mar de persistir nesta actitude, as flotas de Illas Feroe e Islandía estarían a poñer en perigo este stock pesqueiro e o futuro dun sector xa de por si afectado polas restriccións na pesca de determinadas especies de grande interese comercial

 SANCIÓNS COMERCIAIS

 Balseiro defende que o comportamento inxustificado destes dous países obriga ás autoridades comunitarias a  poñer en marcha os mecanismos previstos no regulamento de sancións comerciais. Lembra neste senso que a UE dotouse en setembro de 2012 dun instrumento legal que permite impoñer sancións no caso de que xurdan este tipo de problemas e fallen as negociacións con eses países.

 As posibles medidas comerciais que formarían parte das sancións van desde prohibicións á importación ata o bloqueo dos portos da UE para os buques pesqueiros dos países incumpridores.

 Tanto o Goberno de España como os Executivos de Francia, Reino Unido e Irlanda veñen de insistir á Unión Europea para que poña en marcha este procedemento sancionador. De feito, esta petición conta xa co visto e prace do Comité de Pesca e Acuicultura e coa posición favorable –neste estadio inicial- da comisaria europea do ramo. A petición do Grupo Popular vai na dirección de que estas sancións se materialicen canto antes en defensa dos intereses pesqueiros de Galicia e do conxunto da Unión Europea.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en PESCA |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Agosto 2013
    L M M X V S D
     1234
    567891011
    12131415161718
    19202122232425
    262728293031  
    « Xul   Set »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: