A Deputación morosa

Quen foi presidente da comisión organizadora desta festa de interese turístico no período 2011-2012 lembra que a administración provincial non puxo un euro para a organización da festa nos últimos cinco anos

A DEPUTACIÓN DE LUGO É MOROSA COA ORGANIZACIÓN DA MARUXAINA DESDE O ANO 2011

maruxaina_evento_13_01923_B

  • Pola contra recibíronse axudas das consellerías de Cultura, Industria (Comercio), Educación (cando era un departamento independente), Portos de Galicia e da Autoridade Portuaria
  • A Maruxaina foi declarada festa de interese turístico no ano 2003, cun goberno popular no Concello e na Xunta

Cervo, 27 de agosto de 2013.- Jose Manuel Balseiro presidente da Comisión organizadora das festas do Carme e Maruxaina nos anos 2011 e 2012 dixo hoxe que escoitar as críticas da vicepresidenta segunda da Deputación de Lugo, Lara Méndez, en relación co apoio da Xunta á festa da Maruxaina é descoñecer a realidade do seu propio pobo.

Balseiro revelou que a Deputación de Lugo non só non puxo un solo euro para a Maruxaina nos últimos cinco anos senón que incluso mantén unha débeda coa Comisión organizadora que data do ano 2011. Daquela a administración provincial puxo un anuncio no libro das festas que aínda de hoxe non pagaron, é polo tanto, o ente do que forma parte Lara Méndez é unha administración morosa coa Maruxaina.

APOIOS DA ADMINISTRACIÓN AUTONÓMICA

Balseiro tamén aclarou que nos últimos anos os organizadores desta festa de interese turístico recibiron axudas da Xunta a través das consellerías de Cultura, Industria (Comercio), Educación (cando era un departamento independente), Portos de Galicia e da Autoridade Portuaria Ferrol-San Ciprián, o que contrasta coa axuda cero da Deputación

INTERESE TURÍSTICO GALEGO

Balseiro quixo lembrar que festa da Maruxaina foi declarada de interese turístico galego no ano 2003, cun goberno popular tanto no Concello de Cervo como na Xunta de Galicia.

NOVAS AXUDAS

Balseiro espera que a Comisión organizadora actual tamén reciba a axuda da Xunta ou dalgún ente dependente da mesma, aínda que non será el quen venda a pel do oso antes de cazalo, en calquera caso non admitirá leccións de quen, a pesar de ser veciña de San Ciprián, non solo non colabora coa organización da Maruxaina a través das responsabilidades políticas que xestiona -en referencia a Lara Méndez- senón que incluso permite que a Deputación de Lugo sexa a día de hoxe morosa cun anuncio pendente de cobro de 240 euros.

O CONCELLO PRINCIPAL APOIO

Balseiro tamén aclarou, finalmente, que a subvención denegada ao concello non era para a Comisión organizadora das festas senón para colaborar coa administración local coas infraestruturas e que incluíu un erro de conceptos non subvencionables que se está estudando corrixir. En todo caso, a diferenza da Deputación o Concello si outorga unha axuda anualmente á Maruxaina, un dos principais apoios a esta festa de interese turístico galego.