Corredor mariñano

O secretario xeral dos populares lucenses bota en falta que Besteiro se preocupe polo mal estado das estradas de titularidade provincial que acumulan centenares de queixas de alcaldes e veciños da provincia

BALSEIRO RETA AO PSOE A QUE FAGA PÚBLICAS AS CARTAS QUE BESTEIRO ENVIOU A ZAPATERO DURANTE OS OITO ANOS DE PARALIZACIÓN DO CORREDOR

529651_417286685033624_299129873_n

  • O PP na Xunta adxudicou o primeiro tramo lucense do VAC e desenvolveu as custosas labores de desmonte do treito Celeiro-San Ciprián

Lugo, 30 de agosto de 2013.- O secretairo xeral do Partido Popular na provincia de Lugo, Jose Manuel Balseiro esixiu hoxe ao PSOE que faga públicas as cartas que Besteiro enviou a Zapatero e a Pepe Blanco durante oito anos de paralización do corredor da costa e outras infraestruturas vitais para a provincia, que sufriron un importante freo cando os socialistas tiñan a responsabilidade de goberno. O dirixente popular sospeita que non poderá facelo, porque “cando se trata de reivindicar e poñer deberes ao seu propio partido, os socialistas non son quen de facelo e, polo tanto, non enviaron carta algunha”.

QUEIXAS POLO MAL ESTADO DAS ESTRADAS PROVINCIAS

Ademais disto, o dirixente popular non entende como a repentina preocupación de Gómez Besteiro polo estado das infraestruturas lucenses non inclúe a mala situación das estradas provinciais, que son da súa directa competencia, e que se atopan nun estado desastroso acumulando centenares de queixas de alcaldes e de veciños da provincia.

“Besteiro debera baixarse do coche oficial, tan confortable, e viaxar polas estradas da Deputación que en moitos puntos da Mariña están cheas de fochancas e mal desbrozadas, coa consecuente incomodidade e risco de moitos veciños que a diario fan uso delas”-dixo Jose Manuel Balseiro.

CONTRASTE DE COMPROMISOS

Balseiro explicou que no PPdeLugo defenden a necesaria axilización dos grandes proxectos de infraestruturas lucenses pero que sería ilóxico obviar que mentres agora estamos nunha situación de crise e dificultades orzamentarias o PSOE malxestionou un período de bonanza.

De feito Balseiro lembrou que a  credibilidade dos socialistas e o seu compromiso coa comarca da Mariña lucense están baixo mínimos e tanto no período do goberno bipartito (PSOE e BNG) como durante a etapa do Executivo socialista na Moncloa -nada máis e nada menos que oito anos- non se levou adiante ningún avance significativo no corredor.

Esta situación de freo ás infraestruturas lucenses contrasta co traballo desenvolvido polo PP. Pouco despois de chegar á Xunta adxudicou o primeiro tramo lucense do VAC e desenvolveu as custosas labores de desmonte do treito Celeiro-San Ciprián ou resolveu as alegacións presentadas ao trazado do treito estatal

DESMEDIDO AFÁN DE PROTAGONISMO

O secretario xeral dos populares lucenses considera que o PSOE e moi en particular Gómez Besteiro realiza este tipo de estratexias movido polo seu “desmedido afán de protagonism”o, que lle leva a cometer importantes erros como o acontecido nas pasadas datas cando veu á Mariña a falar do rural pero remitiu á prensa unha foto dunha reunión con veciños nun concello que non era da comarca, senón que era de Xermade. “Buscan a foto pero, as súas propostas e iniciativas están baleiras de contido