Rede Natura 2000

O Goberno galego aposta por un maior compromiso medioambiental

O PPdeLugo pon en valor a achega da Xunta para a recuperación e conservación dos espazos naturais en 30 concellos lucenses da Rede Natura 2000

Balseiro

  • Investirá 424.286 euros a distribuír en dúas anualidades entre o ano en curso e o 2014
  • As axudas están destinadas a tarefas de mellora da paisaxe, como a limpeza, restauración e sinalización de camiños e espazos recreativos; a manter as condicións ambientais e favorecer a recuperación de especies en zonas de Rede Natura 2000; e a recuperar ou restaurar elementos históricos patrimoniais, como hórreos, milladoiros, fontes cabanas ou valos

Lugo, 06 de setembro de 2013.- O PPdeLugo a través do seu secretario xeral Jose Manuel Balseiro, quixo poñer en valor a achega da Xunta de Galicia para a recuperación e conservación dos espazos naturais en 30 concellos lucenses con espazos que forman parte da Rede Natura 2000. O Goberno galego investirá 424.286 euros a distribuír entre o ano en curso e o 2014

A Rede Natura 2000 é un instrumento creado por unha Directiva da Unión Europea dirixido á conservación do medio natural, e a través do que se busca brindar a oportunidade de aproveitar as vantaxes económicas e sociais que unha xestión adecuada dos espazos naturais pode reportar, facilitando e potenciando aquelas actividades que, sendo compatibles coa conservación da natureza, contribúan á mellora da calidade de vida e, por extensión, ao desenvolvemento do territorio rural galego. A Rede Natura 2000 está conformada por dous tipos de áreas: zonas de especial protección para as aves (ZEPA) e lugares de interese comunitario (LIC).

A relación de concellos beneficiarios das axudas son:

 Sin título

Segundo explica Balseiro estas actuacións están dirixidas a contribuír á biodiversidade e á preservación dos ecosistemas de alto valor natural garantindo a compatibilidade cos valores naturais que cómpre protexer en cada zona e o mantemento dun estado de conservación favorable para os hábitats e as especies de interese de cada espazo dentro da Rede Natura 2000 de Galicia

TRIPLE FINALIDADE

As axudas teñen por obxecto financiar a execución de accións que permitan melloras nun triplo obxectivo

a) Actuacións dirixidas á mellora da paisaxe agraria e desenvolvemento de usos recreativos: limpeza e restauración de camiños de acceso aos predios; sinalización de camiños, e outras de análoga ou similar natureza dentro da Rede Natura 2000.

b) Actuacións dirixidas á recuperación de elementos históricos patrimoniais ou culturais representativos da paisaxe agraria tradicional (protección e restauración de elementos de valor patrimonial nas explotacións: hórreos, milladoiros, cabanas, valos e fontes; calquera outra de análoga ou similar natureza dentro da Rede Natura 2000).

c) Actuacións dirixidas á preservación dos hábitats ou ecosistemas: sistemas de condución e drenaxes próximos a zonas de acceso; investimentos destinados á preservación da vexetación de ribeira e filtros verdes; mantemento de sebes nas beiras das zonas comúns e outras de análoga ou similar natureza dentro da Rede Natura 2000.