Conservas de Galicia

O voceiro do Mar dos populares galegos, Jose Manuel Balseiro, defende excluír ao atún deste acordo ou obrigar á industria asiática a cumprir os mesmos requisitos hixiénico-sanitarios que a europea

O GRUPO POPULAR PIDE BLINDAR AO SECTOR CONSERVEIRO GALEGO ANTE O RISCO DUN ACORDO DE LIBRE COMERCIO CON TAILANDIA

1157644_706904169336041_170902309_n

  • A supresión ou minoración de aranceis co país asiático tería un impacto negativo pola competencia desleal do país asiático, o primeiro produtor mundial de conservas da atún

Santiago, 7 de setembro de 2013.- O portavoz do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, pediu a blindaxe do sector conserveiro galego ante o risco que entraña un acordo de libre comercio entre a Unión Europea e Tailandia. O popular explicou que a supresión ou minoración de aranceis co país asiático tería un impacto negativo no sector da conserva galega como consecuencia da competencia desleal dos produtos tailandeses

Balseiro fai unha incondicional defensa da industria das conservas de peixes e mariscos galegos, e adianta a intención do Grupo Popular de trasladar diversas iniciativas no Parlamento galego en apoio do sector e en relación coa negociación comercial entre a Unión Europea e o Reino de Tailandia. Neste sentido, sinala que as autoridades deben buscar mecanismos de defensa dos intereses do sector conserveiro do noso país.

SALVAGARDAS

Entre as medidas propostas, defendidas tamén polos representantes do sector conserveiro, están posibles salvagardas como a exclusión do atún deste acordo con Tailandia ou obrigar á industria asiática a cumprir os mesmos requisitos hixiénico-sanitarios que a europea, esixencias que a día de hoxe non cumpren.

De feito, a propia Comisión Europea recoñeceu en múltiples ocasións problemas coas importacióins de conservas de atún de Tailandia e fallos nos procedementos de control da industria tailandesa. Pola contra, a industria conserveira galega garante a máxima calidade nutricional e os maiores avais hixiénico-sanitarios.

Tailandia é o maior produtor e exportador mundial de latas de atún e, polo tanto, constitúe un dos principais competidores da industria conserveira galega. Pola súa banda, a conserva española, liderada polo sector galego, é o primeiro productor en Europa e o segundo no mundo. Só na Comunidade galega xérase o 85% da produción española e da traballo a 12.000 profesionais, o 79% deles mulleres