• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Conservas de Galicia
Oncoloxía no Hospital da Costa »

Balance incendios

10, Setembro 2013 por Admin B

A conselleira do Medio Rural e do Mar compareceu esta mañá a petición propia para dar conta da evolución dos incendios forestais na nosa comunidade no mes de agosto

Rosa Quintana: “A día de hoxe a ninguén nesta sociedade se lle escapa que o monte arde porque se lle prende lume”

Rosa Quintana no Parlamento

  • Rosa Quintana destacou a eficacia e eficiencia do dispositivo único de loita contra os lumes, que inclúe medios tanto municipais coma autonómicos e estatais
  • A Consellería está a traballar no Plan de Valorización do Monte Galego, que conta cun orzamento inicial de 32,8 millóns de euros, podendo chegar ata os 37,7 millóns logo de incorporar fondos europeos
  • A conselleira destacou que tres de cada catro lumes quedaron en conatos e non acadaron a categoría de incendio

Santiago, 10 de setembro de 2013.- A conselleira do Medio Rural e do Mar, Rosa Quintana, destacou esta mañá no Pleno da Cámara que “a día de hoxe, a ninguén nesta sociedade se lle escapa que o monte arde porque se lle prende lume”. Rosa Quintana compareceu hoxe -a petición propia- para informar da avaliación da evolución dos incendios forestais acaecidos na nosa Comunidade no mes de agosto.

A titular de Medio Rural e Mar fixo referencia aos datos do que vai de ano. Neste sentido, Rosa Quintana sinalou que no pasado mes de agosto houbo 36 lumes no concello das Neves, 16 en Cualedro e Ribeira, 15 en Dozón e 14 en Vilamarín. “As posibilidades de casualidade son tiradas por terra cando se ven exemplos de casos de posible orixe provocada, coma o acontecido o pasado 18 de agosto no incendio do Barco de Valdeorras, onde se rexistraron 20 focos simultáneos ao longo dun quilómetro de estrada”, sentenciou.

Na súa comparecencia, Rosa Quintana explicou que resulta cando menos chamativo que a partir do ocaso –cando os medios aéreos non poden traballar– se rexistre un elevado número de lumes. Isto, sumado aos lumes prendidos en días de forte vento a favor dos núcleos de poboación, evidencian o carácter homicida de quen prende.

A conselleira relatou que, no que vai de ano, se rexistraron un total de 2.599 lumes forestais, dos cales máis do 77% quedaron na categoría de conatos (menos de unha hectárea de superficie). A superficie afectada foi de máis de 10.780 hectáreas, das cales 5.058 correspóndense a monte arborado e 5.723 a raso. No tocante ao mes de agosto, Rosa Quintana sinalou que houbo un total de 1.161 lumes, dos cales preto do 76% quedaron en conatos, afectando a unha superficie total de 7.603 hectáreas.

Eficacia e coordinación Estas cifras amosan a eficacia e eficiencia do dispositivo de loita contra os lumes forestais, onde Rosa Quintana agradeceu o traballo e esforzo de todos, tanto medios autonómicos coma municipais e estatais. Un traballo que consegue que a maioría dos lumes se apaguen no mesmo día. Así mesmo, a titular do departamento que loita contra os lumes agradeceu o comportamento e colaboración da cidadanía, tanto dos que colaboran na propia extinción dos lumes coma os que alertan a través do teléfono gratuíto 085.

Así, Rosa Quintana fixo un chamamento á cidadanía para que sigan colaborando na detección dos lumes, illando socialmente aos incendiarios e denunciándoos ás Forzas e Corpos de Seguridade do Estado.

Plan de valorización do monte A conselleira do Medio Rural e do Mar avanzou na Cámara que o seu departamento está a traballar no deseño e posta en marcha do Plan de Valorización do Monte Galego. Este Plan pretende activar todas as potencialidades do noso monte, desenvolvendo unha estrutura laboral e económica, co obxectivo de reducir a lacra que afecta ano tras ano ao noso país.

Rosa Quintana sinalou que o global deste Plan ascenderá inicialmente a 32,8 millóns de euros, podendo chegar ata os 37,7 millóns de euros logo de incorporar fondos europeos. Así mesmo, explicou que se desenvolverán actuacións en máis de 150 zonas e 4.600 hectáreas de monte de Galicia, ligadas ás comunidades veciñais e á poboación do rural e xerarán -de forma directa- máis de 38.500 xornais de traballo

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MONTES |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Setembro 2013
    L M M X V S D
     1
    2345678
    9101112131415
    16171819202122
    23242526272829
    30  
    « Ago   Out »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: