• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Plan de xestion do polbo
Portos de Galicia »

Conservas

17, Setembro 2013 por Admin B

Jose Manuel Balseiro puxo en valor as xestións do Goberno galego ante as institucións comunitarias e estatais esixindo salvagardas que garantan a competividade da nosa industria atuneira

O GRUPO POPULAR DEFENDE QUE A XUNTA ESTÁ A DAR A BATALLA EN DEFENSA DO SECTOR CONSERVEIRO GALEGO ANTE O RISCO DO ACORDO DE LIBRE COMERCIO DA UE CON TAILANDIA

Conservas

 

  • As catro forzas políticas consensuan un acordo parlamentario por transacción no que rexeitan que as conservas de atún e importación de lombos de atún figuren entre os puntos do futuro acordo europeo
  • Galicia é pioneira na produción de conservas e semiconservas de pescados e mariscos con máis do 85% do volume producido no conxunto nacional

  

Santiago, 17 de setembro de 2013.- O portavoz do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, defendeu hoxe que a Xunta de Galicia está a dar a batalla diante das institucións comunitarias e estatais en defensa do sector conserveiro galego  (moi en concreto da industria de transformación e comercialización de atún) ao obxecto de evitar que poida verse prexudicada pola formalización dun acordo de libre comercio entre a Unión Europea e Tailandia.

Balseiro explicou que o Goberno galego xa realizou xestións co vicepresidente da Comisión Europea, Joaquín Almunia; coa comisaria de Pesca, María Damanaki; e ante os ministerios de Industria e de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente co obxecto de trasladarlles a preocupación ante o risco de que este atún asiático entre no mercado europeo sen límites arancelarios e para trasladarlles diversas propostas para a salvagarda dos intereses do noso sector conserveiro.

ACORDO PARLAMENTARIO

De feito, hoxe mesmo foi posible un acordo entre as catro forzas políticas que debateron este asunto no seo da Comisión de Pesca e Marisqueo do Parlamento de Galicia. PPdeG, PSOE, AGE e BNG foron quen de consensuar un acordo parlamentario por transacción no que rexeitan que as conservas de atún e importación de lombos de atún figuren entre os puntos do futuro acordo europeo.

“Defendemos e sostemos a necesidade de que as conservas de atún queden excluídas destes pactos comerciais xa que, se países foráneos logran vantaxes para introducir a súa produción no mercado comunitario, a Unión Europea, ao dar consentimento e amparo a estas prácticas, estaría poñendo en grave risco a supervivencia da súa propia industria atuneira e conserveira”, dixo Balseiro

UN SECTOR DE PESO NO MUNDO

No Grupo Parlamentario Popular insisten en que de asinarse o acordo con Tailandia, en todo caso, se introduzan garantías para un mercado da conserva en igualdade de condicións, na que tamén as importacións tailandesas cumpran os requisitos hixiénico sanitarios, sociais e ambientais que garanten as conservas galegas e europeas.

España é o primeiro produtor de conservas e semiconservas de pescados e mariscos da UE e o segundo a nivel mundial, sendo a comunidade galega pioneira na produción, con máis do 85% do volume producido no conxunto nacional. Ademais, as conservas de túnidos son o principal produto elaborado pola industria conserveira española, representando máis do 68% do total do volume e acadando o 60% do seu valor.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Setembro 2013
    L M M X V S D
     1
    2345678
    9101112131415
    16171819202122
    23242526272829
    30  
    « Ago   Out »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: