Plan de xestion do polbo

A pesca de polbo con nasa constitúe unha das modalidades máis importantes para flota artesanal galega, de feito, máis dun milleiro de embarcacións teñen permex autorizado para uso desta arte

BALSEIRO DEFENDE O NOVO PLAN DE XESTIÓN DO POLBO CON NASA COMO GARANTÍA DE FUTURO PARA OS PROFESIONAIS DESTE SECTOR

 Nasas

  • Trataríase dunha nova regulación froito dun amplo proceso dialogado co sector –non exento de confrontación entre as distintas posturas que mantiñan incluso as distintas confrarías- pero que serviu para acadar o maior consenso posible
  •  Balseiro quixo agradecer a responsabilidade e o compromiso adquirido polo sector, que foi quen de valorar a importancia de coidar o recurso

 

Santiago, 17 de setembro de 2013.- O portavoz do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro defendeu o Plan de xestión do polbo con nasa como solución que aposta pola sustentabilidade do recurso, isto é, que ofrece garantías de futuro para os profesionais que se dedican á captura desta especie.

O deputado popular lembrou que as medidas de xestión introducidas no plan –e que foron explicadas polo Secretario xeral do Mar, Juan Maneiro, en resposta a unha pregunta parlamentaria do Grupo Popular– están orientadas a evitar, tanto a saturación dos mercados nos inicios de campaña, como sobre todo na procura dunha mellora rendibilidade da actividade pesqueira.

MALOS RESULTADOS EN 2012

Tanto desde o sector como desde a propia administración veñen recoñecendo que o plan implantado o ano pasado deu resultados ineficientes na pesca do polbo. Resultados que teñen o seu reflexo “na redución de capturas, na menor facturación e, na constatación dunha mala situación biolóxica do recurso”, segundo confirmou o secretario xeral na súa resposta a Balseiro.

Ante esta realidade o voceiro do Mar saliento que no acordo definitivamente acadado entre a Administración e a flota do polbo “imperou o sentido común, introducindo medidas de xestión moito máis garantistas”. Balseiro quixo agradecer a responsabilidade e o compromiso adquirido polo sector, que foi quen de valorar a importancia de coidar o recurso

DIÁLOGO E CONSENSO

Balseiro tamén quixo poñer en valor que a regulación é froito dun amplo proceso dialogado co sector –non exento de confrontación entre as distintas posturas que mantiñan tamén as distintas confrarías- pero que serviu para acadar unha normativa co maior consenso posible.

Na súa resposta Juan Maneiro deu conta de reunións cas Xuntas Xerais das Federacións Provinciais, a creación Grupo Traballo para a discusión e modificación do primeiro borrador do Plan, que incluso incorporou varias modificacións propostas polo sector

PRECINTOS

Con respecto o balizamento o novo plan inclúe a novidade de que cada unha das nasas deberá estar debidamente identificadas mediante un precinto seriado e numerado aportado ao sector pola Consellería do Medio Rural e do Mar.

Respecto desta cuestión Balseiro expresou que, con todas as melloras que se poidan estudar e introducir, “está e unha medida que  apoiamos”, xa que amosa a responsabilidade da administración galega por velar polo cumprimento da legalidade. Concluíu lembrando que un número de nasas caladas no mar moito superior ao permitido vai en contra do futuro do propio sector e da supervivencia do recurso