Portos de Galicia

O Presidente de Portos de Galicia, José Durán, confirmou a preguntas do deputado popular, que o Consello de Administración da entidade vén de ratificar a súa proposta sobre redución de taxas en 2014

BALSEIRO SALIENTA A IMPORTANCIA DA BAIXADA DE TAXAS PORTUARIAS COMO INCENTIVO Á ACTIVIDADE ECONÓMICA DAS DÁRSENAS AUTONÓMICAS

 PropA

  • Esta medida beneficiará de xeito directo a uns 10.000 usuarios que verán reducidos os seus pagos entre un 9 e un 20%
  • Tanto os profesionais que ocupan instalacións públicas (cun 8%) como o atraque das embarcacións deportivas (cun 2,5%) verán reducidas as súas tarifas, entre outras
  •  Balseiro gaba a sensibilidade de Portos de Galicia e do seu Presidente “pois amosan ter un coñecemento da realidade da pé que se demostra con este tipo de accións, sempre unha boa nova para mariñeiros, mariscadoras e pescadores recreativos e deportistas náuticos que verán reducidas as súas cargas económicas”

 

Santiago, 17 de setembro de 2013.- O portavoz do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, quixo poñer en valor hoxe os esforzos que está a desenvolver Portos de Galicia no impulso de medidas para simplificar e adecuar á realidade presente o modelo fiscal das instalacións portuarias de competencia autonómica.

O deputado popular interesouse, a través dunha pregunta formulada na Comisión de Pesca do Parlamento galego, polas previsións do ente público para reducir as taxas portuarias, na que sería a segunda rebaixa desde que o Partido Popular accedeu á responsabilidade de Goberno na Xunta, logo da efectuada en 2010 e de tres anualidades nas que se mantiveron conxeladas.

Respecto desta cuestión, o Presidente de Portos de Galicia, José Juan Durán, confirmou a preguntas do deputado popular que o Consello de Administración da entidade ratificou a súa proposta sobre redución de taxas que entrará en vigor en 2014. Explicou tamén que esta medida beneficiará de xeito directo a uns 10.000 usuarios que verán reducidos os seus pagos entre un 9 e un 20%

PROFESIONAIS DO MAR

 “Entendemos que é un acerto que os  novos responsables da Xunta de Galicia busquen, mediante a modificación do actual sistema de taxas, revitalizar a actividade económica nas distintas instalacións portuarias”, dixo Balseiro, tras destacar que os principais beneficiarios serán “os profesionais do mar, os homes e mulleres que, sobre todo en sectores como o da baixura ou o marisqueo, contan coa Xunta como primeiro dos seus aliados”

De feito, José Juán Durán explicou na súa resposta que unha das  modificacións previstas é a da tarifa E-2 que se aplica por utilización de explanadas, alpendres, almacéns ou locais públicos, sen réxime de concesión, redúcese un 8%. Esta é a tarifa á que se acollen fundamentalmente os mariñeiros e mariscadores que ocupan os departamentos habilitados para o sector por Portos de Galicia.

Tamén salientou a modificación da tarifa X-5, que se aplica ás embarcacións deportivas pola ocupación das instalacións portuarias, así como pola prestación dos servizos xerais de accesos terrestres e seguridade, entre outros conceptos, rebaixarase nun 2,5%.

SENSIBILIDADE E COÑECEMENTO DA REALIDADE DA PÉ

Finalmente, o voceiro do Mar dos populares galegos “deu conta da sensibilidade de Portos de Galicia e do seu Presidente, de quen gabou “o coñecemento da realidade da pé que demostra con este tipo de accións, que son sempre unha boa nova para mariñeiros, mariscadoras e mariscadores, pescadores recreativos e deportistas náuticos, etcétera, quen poderán beneficiarse dunha redución das cargas económicas e burocráticas que levan consigo distintas operacións portuarias”