• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Rocío Mosquera anuncia a adxudicación do Plan Director
Comisión de Agricultura e Montes »

Pescada do norte

25, Setembro 2013 por Admin B

O voceiro do Mar, Jose Manuel Balseiro, lembra que estamos a falar da especie comercial máis importante para a flota galega de Gran Sol e o seu aproveitamento é fonte de traballo para os profesionais do mar que desenvolven a súa actividade en preto de 90 embarcacións das flotas galegas de arrastre e palangre de fondo

O PARLAMENTO GALEGO APROBA POR UNANIMIDADE A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR QUE DEMANDA UN AUMENTO DA COTA DA PESCADA DO NORTE

 Pleno

  • A Cámara galega esixe a Bruxelas que incremente as posibilidades de pesca desta especie para a presente anualidade, para o 2013
  • Balserio sinala que a Xunta e Ministerio xa teñen manifestada a súa vontade favorable para acadar esta reivindicación que tamén defende o sector pesqueiro galego
  • Representantes das principais organizacións pesqueiras asistiron ao debate, en sinal de apoio, desde a tribuna do Parlamento.

 

Santiago,  25 de setembro de 2013.- O Pleno do Parlamento de Galicia aprobou, por unanimidade, a iniciativa do Grupo Popular que demanda un aumento da cota da pescada do norte. Unha petición que a Cámara galega quere que se materialice xa para o ano en curso, reclamando a Bruxelas que autorice un aumento das posibilidades de pesca neste mesmo 2013.

O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, José Manuel Balseiro, quixo salientar que estamos a falar dunha demanda especialmente beneficiosa para a flota galega do Gran Sol xa que se trata da pescada, a principal especie comercial para Galicia. De feito, o seu aproveitamento é fonte de traballo para os profesionais do mar que desenvolven a súa actividade en preto de 90 embarcacións das flotas galegas de arrastre e palangre de fondo, aos que habería que sumar un amplo sector transformador e comercializador.

ECO Á DEMANDA DO SECTOR

Balseiro tamén quixo amosar a súa satisfacción porque a Cámara galega asuma unha demanda que comparte o propio sector pesqueiro e agradeceu, en este senso, a asistencia dos representantes das principais organizacións da flota que estaban na tribuna do Parlamento en sinal de apoio a esta petición.

APOIO DA XUNTA E DO MINISTERIO

O portavoz popular do Mar tamén explicou que o acordo do Parlamento de Galicia engádese á posición favorable xa manifestada tanto pola Xunta como polo propio Ministerio do ramo que, “xa traballan nesta posibilidade e xa contan con importantes aliados como é o Goberno de Irlanda no seu intento de convencer ás autoridades comunitarias”,

En todo caso a iniciativa popular, queda reforzada co apoio unánime do Parlamento galego, isto é, co voto favorable de populares, socialistas, e deputados de AGE e do BNG, as catro forzas políticas con representación na Cámara

 PRECEDENTE

Balseiro Orol concluíu sinalando que Bruxelas ten base para adoptar esta decisión xa que logo a petición formulada para o aumento da cota da pescada tivo un precedente, o acontecido co aumento da cota dos lanzón no ano 2010. Naquel momento Dinamarca solicitou a e UE autorizou un incremento que afectou tamén ao TAC do ano en curso

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Setembro 2013
    L M M X V S D
     1
    2345678
    9101112131415
    16171819202122
    23242526272829
    30  
    « Ago   Out »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: