Becas/Bolsas universitarias

O Goberno galego do Partido Popular reafirma a súa aposta pola igualdade de oportunidades no acceso aos estudos superiores

OS DEPUTADOS POPULARES DA MARIÑA ANIMAN AOS UNIVERSITARIOS DA COMARCA A SOLICITAR AS NOVAS AXUDAS COMPLEMENTARIAS DA XUNTA

becas

  • Deste xeito poderá ter a matrícula gratis a totalidade do alumnado que cunha nota media entre 5 e 5,5, viuse afectado polo cambio no Real Decreto da convocatoria estatal para obter estas axudas
  • Educación tamén publicará a nova liña de axudas para realizar estudos de master, dirixida ás persoas en situación de desemprego

 

Lugo,  28 de setembro de 2013.- Os deputados mariñáns do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro e Vidal Martinez-Sierra, animaron aos universitarios da comarca a solicitar  as novas axudas complementarias que a Xunta vén de poñer en marcha para apoiar aos estudantes de ensinanzas superiores durante o curso 2013-2014

A través desta convocatoria -publicada onte no Diario Oficial de Galicia- o alumnado solicitante poderá ter acceso a unha axuda para dispoñer de matrícula gratuíta, así como tamén a apoios económicos complementarios ás axudas que o Ministerio de Educación tamén outorga para cursar este tipo de ensinanzas. Ambas bolsas son totalmente compatibles.

Segundo destacan os parlamentarios popular o Goberno galego reafirma así a súa aposta pola igualdade de oportunidades no acceso aos estudos superiores, incluído para todos aqueles que dispoñen dunha nota media de entre 5 e 5,5, isto é, tamén outorga a exención do pago de matrícula a todos aqueles alumnos que se viron afectados polo endurecemento dos requisitos académicos no Real Decreto da convocatoria estatal de bolsas.

Balseiro e Martínez-Sierra tamén explicaron que nos vindeiros días a Consellería de Educación publicará tamén a nova liña de axudas para realizar estudos de máster. Esta acción vai dirixida ás persoas en situación de desemprego, co fin de facilitar a súa reincorporación ao mercado laboral mediante unha formación especializada, orientada ao exercicio profesional. Para iso a Consellería subvencionará o custe da matrícula naqueles máster especialmente orientados ao acceso ao mercado de traballo.

Ata o 27 de outubro

Poderán solicitar estas bolsas as persoas que inicien ou cursen ensinanzas universitarias -adaptadas ao Espazo Europeo de Educación Superior- conducentes aos títulos oficiais de Grao ou, tamén, ensinanzas universitarias conducentes aos títulos oficiais de Licenciado, Enxeñeiro, Arquitecto, Diplomado, Mestre, Enxeñeiro Técnico ou Arquitecto Técnico nas universidades galegas.

En ambos os casos o prazo para a presentación de solicitudes estará aberto ata o día 27 de outubro (incluído).

O Goberno galego destina un orzamento de 1 millón de euros para este fin.