Benestar

O bipartito provincial que destina cartos para publicidade, propaganda e actos protocolarios (estas partidas crecen un 35%) deixa en cambio sen cubrir o 85% do custe do SAF básico nos concellos da Mariña lucense

O PP lembra ao BNG que a de Lugo é a única Deputación galega que se nega a financiar os servizos municipais da axuda no fogar pese a que por lei lle corresponde

 Axuda no fogar

  • Nacionalistas e socialistas chegan ao absurdo de incumprir unha Lei, a de servizos sociais de 2008, que eles mesmos aprobaron cando gobernaron na Xunta
  • O bipartito xestiona tan mal que lle sobran cartos na partida de Benestar pero non ten vontade de destinalos a apoiar os concellos
  • Dos máis de 1,4 millóns que custa o servizo na Mariña; a Deputación está a pagar uns 217.000 euros, é dicir o 15%, isto significa, que negan o apoio ás persoas que máis o necesitan: os nosos maiores e dependentes

 

A Mariña, 28 de setembro de 2013.- O Partido Popular quixo lembrar hoxe ao BNG que a Deputación de Lugo é a única das catro administracións provinciais galegas que está a incumprir a normativa vixente en materia social e de benestar e, moi en concreto, en relación co financiamento obrigado por lei dos servizos municipais de axuda no fogar.

Incumpren a súa propia lei

Os populares lembran que o bipartito provincial chega ao absurdo de incumprir unha Lei -a 3/2008 de Servizos Sociais- que socialistas e nacionalistas aprobaron en 2008 durante a súa etapa de goberno na Xunta. Tanto esta lei como a normativa que a desenvolve (Decreto 99/2012) establecen a obriga de que as Deputacións acheguen os recursos suficientes para financiar nos concellos de menos de 20.000 habitantes o servizo de axuda no fogar básico (persoas dependentes) e a contratación de persoal distinto aos traballadores sociais.

Prexuizo aos concellos e desprezo ás persoas dependentes

O incumprimento do Goberno bipartito provincial trae consigo importantes consecuencias negativas para os concellos lucenses que se vén na obriga de asumir con recursos propios e/ou a través do aumento das cotas que abonan os seus usuarios o financiamento dun servizo que a Deputación lucense está obrigada por mandato legal a soportar

“O vicepresidente primeiro da Deputación de Lugo e responsable do área de Benestar, Antón Veiga, coa complicidade necesaria de Jose Ramón Gómez Besteiro, incumpren, faltan á verdade e utilizan politicamente ás persoas que máis necesitan o apoio das administracións: os nosos maiores e dependentes”-insisten desde o PP

 Teñen dispoñibilidade orzamentaria, pero non teñen vontade

Pero é que ademais os datos demostran que os actuais dirixentes da Deputación de Lugo son uns nefastos xestores xa que aínda que existen recursos suficientes para financiar este servizo, non son capaces de investilos. “O benestar non é unha prioridade para o bipartito da Deputación que deixou no 2011 máis de 140.211 sen executar”

Pola contra a Deputación de Lugo si destina inxentes cantidades de diñeiro para outras accións do Goberno bipartito como é o caso de gastos en publicidade e propaganda, ou en actos protocolarios. Cada unha destas partidas incrementáronse nos orzamentos para o ano en curso máis do 35% superando os 1,2 millóns de euros

“Os nosos maiores non son importantes para os xestores da Deputación pero si outro tipo de gastos supérfluos que son a súa prioridade”-conclúen desde o Partido Popular moi críticos

Menos do 15% do custe do servizo

Para cuantificar a falta de apoio da Deputación o PP lembra que a administración provincial deixa sen cubrir o 85% do custe do Servizo de Axuda no Fogar nos concellos da Mariña. Dos máis de 1,4 millóns que custa o servizo nesta comarca a Deputación está a pagar uns 217.000 euros, é dicir o 15%.

UN SAÚDO

 

  • Anéxase cadro exemplificativo no que se recolle o orzamento do SAF en cada concello da Mariña, así como a contía que aporta a Deputación Provincial de Lugo (incluída en porcentaxes)

 

 

CONCELLO ORZAMENTO SAF BASICO   APORTACIÓN DIPUTACIÓN  
ALFOZ 48570.10   7352 15%
BARREIROS 95480   8235 8.%
BURELA 48073.68   16790 34%
CERVO 35937   4737 13%
FOZ 39276.52   6618 16%
LOURENZA 44078.62   5618 12%
MONDOÑEDO 96984.45   16183 16%
OUROL 69079.66   9345 13%
PONTENOVA 18637   1774 9%
RIBADEO 164375   21575 13%
RIOTORTO 26000   13861 53%
TRABADA 66000   8661 13%
VALADOURO 64568   7918 12%
VICEDO 72407   8485 11%
VIVEIRO 250000   40457 16%
XOVE 261534   40868 15%