Feeds:
Artigos
Comentarios

Archive for Outubro 2013

Pesca de baixura

O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, lembra que esta flota posúe unha gran importancia social en Galicia e agrupa a miles de embarcacións de porte pequeno que faenan nas augas interiores

BALSEIRO INTERÉSASE NO PARLAMENTO SOBRE O CAMBIO NO MODELO DE XESTIÓN DA PESCA DE BAIXURA QUE PROXECTA O GOBERNO GALEGO

 PropA

  • Os populares entenden que calquera modificación da normativa debe facerse da man do sector, consenso no que xa traballa a Xunta tras constatar que os profesionais son favorables á implantación de plans de xestión plurianuais nas augas de competencia autonómica

  (máis…)

Read Full Post »

Pleno do Parlamento

O voceiro do Mar do Grupo Popular amosa a súa sorpresa ante a repentina preocupación do BNG pola situación da flota nos caladoiros comunitarios, logo de que os nacionalistas votasen repetidamente en contra de iniciativas obxectivamente positivas para este sector

BALSEIRO: “NON PODEMOS RECIBIR LECCIÓNS DE PSOE OU BNG SOBRE DEFENSA DO SECTOR PESQUEIRO, FORON OS QUE MÁIS FLOTA DESPEZARON, MÁIS BUQUES EXPULSARON DA NOSA BANDEIRA E MÁIS MARIÑEIROS CONDENARON AO PARO”

 DSC_0007

  • Galicia vén defendendo que os TAC e cotas que se asignan a España son reducidos e deberían ser máis elevados, así como da necesidade dun cambio no modelo de reparto
  •  Con todo, nos últimos dous anos co Partido Popular na mesa de negociación conseguíronse incrementar un 15 por cento as posibilidades de pesca

  (máis…)

Read Full Post »

Orzamentos 2014

Jose Manuel Balseiro defende as contas presentadas por Rosa Quintana por ser realistas, responder a un período de transición ata os novos fondos europeos e estar centradas en atender os principais retos e necesidades do sector agrogandeiro, forestal e pesqueiro

A DO MEDIO RURAL E DO MAR SERÁ A CONSELLERÍA CON MÁIS RECURSOS DISPOÑIBLES EN 2014 TRAS AS DO ÁMBITO SOCIAL

 DSC_0002

  • Os orzamentos para o ano próximo redobran a estratexia de apoio aos sectores produtivos primarios con incrementos moi salientables na incorporación de mozos a actividade agraria (+45%), en fondos para organizacións da pesca (+25%) e da agricultura (+33%), en  infraestruturas e servizos no rural (+13.6%) e infraestruturas pesqueiras (+128%)
  • Balseiro salienta a blindaxe no investimento de servizos básicos tales como o servizo de Gardacostas, o operativo contra incendios forestais e o Intecmar
  • Desde o GPP contrastan o compromiso actual da Xunta cos recortes operados polo bipartito en tempo de bonanza e cos que levan acabo os gobernos de Andalucía ou Asturias
  •  “Son uns orzamentos que non negan a crise senon que a combaten” dixo Balseiro quen indicou que “o exemplo a seguir son os milleiros de profesionais do mar e do medio rural que se levantan cada mañá para sacar adiante a súa actividade”

  (máis…)

Read Full Post »

Pescada

A decisión final non depende nin da Xunta nin do Ministerio senón da Comisión Europea ante a que seguirán presionando para que adopte unha decisión “máis pronto que tarde” para que a flota poida pescar este recurso tan abundante nos caladoiros

 

BALSEIRO LEMBRA QUE NO PARTIDO POPULAR FORON OS PRIMEIROS INTERESADOS EN SOLICITAR UN AUMENTO DE COTA DA PESCADA ENTRE OS RECELOS DA OPOSICIÓN

flota

  • Din que as críticas de PSOE e BNG son oportunistas e demagóxicas como demostra e que cando se trata de aprobar iniciativas beneficiosas para a flota as forzas do malogrado bipartito acaban votando en contra
  • Xa no mes de xullo o ministro Árias Cañete solicitaba formalmente, no Consello de Ministros de Pesca da UE, que se autorizaran máis posibilidades de pesca desta especie
  • O Parlamento de Galicia aprobaba, o pasado mes de setembro unha proposición non de lei do Grupo Popular reclamando a Europa máis cota para a pescada

 

  (máis…)

Read Full Post »

Galicia é, por tanto, a cuarta comunidade onde máis baixa o número de parados en termos absolutos e relativos, con 11.100 persoas menos nas listas do desemprego

A taxa do paro no terceiro trimestre baixa en Galicia o triple que en España

banner_prensa_sigamosavanzando

  • O PPdeG foxe de triunfalismos pero considera que as reformas dos populares desde a Xunta e desde o Goberno están a permitir que a conxuntura laboral cambie
  • Hai máis indicadores que sinalan que Galicia vai na dirección correcta cara á recuperación económica, como os datos do IPI, as exportacións ou o PIB

 

Read Full Post »

Orzamentos 2014 en Lugo

O bipartito provincial censura unhas contas que en 2014 duplicarán o investimento previsto no último orzamento elaborado por PSOE e BNG

O PPdeLugo asegura que o PSOE“non debe falar de Lugo” cando crítica sen fundamento os orzamentos da Xunta

529651_417286685033624_299129873_n

  • Esixen que o bipartito aclare en contra de que obras están: do auditorio de Lugo, da corredor Sarria-Monforte, do Plan Paradai, da conexión co porto seco de Monforte, das residencias en Paradela ou en Foz, de ampliar o Hospital da Costa ou do novo acceso ao porto de Burela
  • Piden a García Porto que fale con rigor e lembran que a instalación da sala de hemodinámica xa está en marcha, coas máquinas no Hula e coa previsión de recibir pacientes xa a finais de novembro
  • O bipartito non pode dar leccións en materia social tendo en conta que é a única Deputación que se está a negar a colaborar cos concellos no financiamento do servizo do fogar ou na posta en marcha de novos plans de emprego

(máis…)

Read Full Post »

Orzamentos 2014

O secretario xeral do PPdeLugo, Jose Manuel Balseiro, salienta o esforzo inversor do Goberno galego na nosa provincia

En 2014 o investimento por habitante na provincia de Lugo duplica ao do bipartito

Territorialización de investimentos Orzamentos Xunta 2014

  • O Goberno galego investirá o ano próximo 728 euros por lucense dato que multiplica por dous os 374 euros que socialistas e nacionalistas achegaban en 2009
  • Consellerías como a de MATI manteñen o volume de investimento situándoo en 58 millóns de euros

  (máis…)

Read Full Post »

Comisión de Asuntos Europeos

O voceiro do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Baleiro, lamenta as incongruencias da oposición, que un día están ao carón do sector pesqueiro galego e outro votan en contra dos seus intereses

O GRUPO POPULAR LEMBRA QUE A XUNTA DE GALICIA VÉN PARTICIPANDO EN EUROPA NAS MESAS DE NEGOCIACIÓN SOBRE ASUNTOS PESQUEIROS NOS ÚLTIMOS CINCO SEMESTRES

 Xarda

  • Balseiro aplaude a rectificación do BNG, que agora acolle as teses defendidas polo Grupo Popular partidario da flexibilización na prohibición dos descartes pesqueiros

  (máis…)

Read Full Post »

Orzamentos 2014

Os principais compromisos do Goberno galego disporán na vindeira anualidade de respaldo orzamentario “con nome e apelidos”

O GRUPO POPULAR SALIENTA QUE OS ORZAMENTOS DA XUNTA PARA 2014 DARÁN UN NOVO IMPULSO ÁS GRANDES INFRAESTRUTURAS DA MARIÑA LUCENSE

 Sin título

  • Hospital da Costa: Por primeira vez as contas autonómicas contemplan unha partida específica para o proxecto de ampliación integral do centro hospitalario, por valor de 190.000€
  • Corredor Costa Norte: Preto dun millón de euros permitirán o desbloqueo desta infraestrutura e servirán para impulsar o tramo autonómico en execución
  •  Acceso ao porto de Burela: A importante achega económica permitirá facer realidade o inicio das obras xa nesta anualidade
  •  Residencia de Foz: O compromiso do Goberno galego e do Partido Popular aparece reflectido cunha partida orzamentaria concreta

  (máis…)

Read Full Post »

Opinión

Cos deberes feitos

Balseiro

Decisións como esta non son froito da casualidade, senon dun intenso traballo desenvolvido nos últimos meses, conscientes de que defendíamos unha reivindicación xusta e proporcionada e de que acudíamos ás institucións comunitarias cos deberes feitos, da man do sector, e co aval dunha acción conxunta dos profesionais e das administracións.

(máis…)

Read Full Post »

Older Posts »

A %d blogueros les gusta esto: