Medicamentos

Esixen ao BNG que cese no seu intento de enganar aos veciños e infundir medo entre persoas enfermas que precisan facer uso de medicamentos esenciais para a súa recuperación

 É ROTUNDAMENTE FALSO QUE SE VAIA A ESTABLECER O COPAGO NAS MEDICINAS QUE SE ADMINISTRAN NOS HOSPITAIS

ambulancia medicalizada

  • Nin os medicamentos para o cancro de mama, nin para a leucemia, nin para a cancro colorectal están suxeitos a copagamento porque son de uso hospitalario
  • O copago refírese unicamente a medicamentos dispensados na farmacia hospitalaria –para tratamento domiciliario e previa receita médica- e todos eles están sometidos a un pago reducido (10%) cun tope máximo de 4,20 euros
  •  Respecto deste copago estarán exentos os mesmos colectivos que co resto de fármacos: as pensións máis baixas, rendas integración social e parados de longa duración

 

Lugo, 1 de outubro de 2013.- O Partido Popular da Mariña lucense lamentou hoxe que, unha vez máis, o BNG intente enganar aos veciños da comarca nun asunto tan serio como é a saúde. Din tamén que os nacionalistas xa demostraron a súa pouca credibilidade cando fai tempo anunciaban un falso peche do hospital e que agora pretenden infundir medo sen fundamento entre as persoas enfermas que precisan facer uso de medicamentos vitais para a súa recuperación.

Os populares aseguran con contundencia que é absolutamente falso que o Goberno vaia establecer un copago nas medicinas que se administran nos hospitais. Insisten en deixar claro que os pacientes hospitalizados non pagarán polos medicamentos que reciben durante a súa estancia hospitalaria.

CANCRO DE MAMA, LEUCEMIA OU DE COLON

Así por exemplo, medicamentos como o HAVALEN, para cancro de mama, cuxo custo anual oscila entre os 20.000 e 25.000 euros; ARCERRA, para leucemia linfoide crónica cuxo custo anual é de aproximadamente 40.000 euros; ou CFALTRAC, para cancro colorrectal cuxo custo anual é de aproximadamente 40.000 euros, son de uso hospitalario, é dicir, que os pacientes que os reciban non teñen que facer ningunha achega por eles.

FARMACIA HOSPITALARIA

Os populares aclaran que a medida que entrou en vigor neste mes de outubro refírese unicamente a medicamentos dispensados na farmacia hospitalaria previa receita médica, isto é os que prescribe o médico de cabeceira ou especialista para tratamentos domiciliarios

Esta modificación non é nova. A achega do usuario na farmacia hospitalaria regulouse en decembro de 2012 e o único que se fai e ampliar o catálogo de medicamentos afectado por este sistema.

ACHEGA REDUCIDA

Os populares tamén aclaran que todos estes medicamentos suxeitos a achega do usuario, que se dispensan no hospital para o tratamento nos domicilios dos pacientes, terán todos, sen excepción achega reducida. Isto significa que para todos os casos non se pagará máis do 10% do sue custe, cun tope de 4,20 euros.

Para unha mellor comprensión, o Partido Popular exemplifica este novo sistema explicando que si un medicamento custa 20 euros, o usuario pagará 2 euros. Pero si, como ocorre en moitos casos, o medicamento custa varios miles de euros, o usuario só aportará 4,20 euros como máximo.

A maiores respecto deste copago o Partido Popular lembra que estarán exentos os mesmos colectivos que co resto de fármacos: as pensións máis baixas, rendas integración social e parados de longa duración (case un millón de persoas que antes tiñan que pagar o 40%).

No Partido Popular sinalan que pediuse un esforzo aos cidadáns, pero sempre será un esforzo equitativo, polo que aportan máis aqueles que máis teñen e menos ou nada aqueles que menos teñen.

Lembran finalmente que o novo sistema de achega á farmacia, que entrou en vigor en xullo de 2012, permitiu aforrar nos últimos 14 meses máis de 2.300 millóns de euros.