• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Medicamentos
Comisión de Pesca 02/10/2013 »

Sobrepesca

2, Outubro 2013 por Admin B

O voceiro do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, alerta que a sobreexplotación do caladoiro Atlántico Nordeste prexudica á flota pesqueira comunitaria, entre elas, a galega

O PARLAMENTO GALEGO APROBA A INICIATIVA DO GRUPO POPULAR QUE RECLAMA A IMPOSICIÓN DE SANCIÓNS A ISLANDIA E ÁS ILLAS FEROE POLA SOBREPESCA DE XARDA

 Sala de Comisións do Parlamento de Galicia

  • Os populares salientan que a Xunta de Galicia, o Goberno de España e os Executivos de Francia, Reino Unido e Irlanda, apoian tamén esta petición reforzada polo acordo parlamentario
  • Balseiro foi moi crítico cos partidos da oposición que non quixeron sumarse a esta petición que defenden os propios profesionais do sector e sinalou que o Partido Popular estará sempre ao carón dos intereses de Galicia

 

Santiago, 2 de outubro de 2013.- O Parlamento de Galicia aprobou hoxe a iniciativa do Grupo Popular na que se reclama a imposición de sancións a Islandia e ás Illas Feroe pola sobrepesca de xarda. As flotas destes dous países comparten coa flota europea as augas dos caladoiros do atlántico Nordeste e, polo tanto, faenan sobre os mesmos recursos pesqueiros que pode verse afectado por esta situación de pesca incontrolada.

O acordo, máis en concreto, insta ao Goberno galego a dirixirse á Comisión Europea, aos deputados das forzas parlamentarias galegas con representación na Eurocámara e ao Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente para demandarlles a continuidade no apoio para a posta en marcha de medidas sancionadoras comerciais contra Islandia e as Illas Feroe mentres persistan en sobreexplotar os stocks comunitarios de xarda.

Balseiro foi moi crítico cos partidos da oposición –PSOE, BNG e AGE- que non quixeron sumarse a esta petición a pesar de que esta a ser defendida polos propios profesionais do sector e sinalou que o Partido Popular estará sempre ao carón dos intereses de Galicia e propoñendo iniciativas no Parlamento galego que responda a estes obxectivos.

AUMENTO UNILATERAL DE CAPTURAS

O portavoz do Mar dos populares galegos explicou que ambas flotas decidiron unilateralmente o aumento das capturas moi por riba dos seus dereitos históricos e sen ningún respecto polos informes científicos. Así Islandia incrementou as súas capturas de 2.000 hasta 130.000 toneladas e, no caso das Illas Feroe fixo o propio incrementando de 25.000 a 85.000 toneladas. Os populares temen que estas decisións rematen por compromenter a situación biolóxica desta especie e, en consecuencia, prexudique ao conxunto das flotas.

AVAL NA NORMATIVA COMUNITARIA

Balseiro lembrou, durante a súa internvención que UE dotouse en setembro de 2012 dun instrumento legal que permite impoñer sancións no caso de que xurdan este tipo de problemas e fallen as negociacións con eses países.

As posibles medidas comerciais que formarían parte das sancións van desde prohibicións á importación ata o bloqueo dos portos da UE para os buques pesqueiros dos países incumpridores.

Balseiro aclarou que a Unión Europea xa iniciou un proceso sancionador contra as Illas Feroe, que aplauden os populares galegos e insiste na importancia de ampliar estas sancións para que tamén inclúan á flota islandesa.

APOIO DA XUNTA E DO ESTADO

Balseiro tamén dixo que esta petición –que aparece reforzada con este acordo unánime do Parlamento- tamén conta co apoio da Xunta de Galicia, do Goberno de España, e dos Executivos de Francia, Reino Unido e Irlanda, que veñen de insistir á Unión Europea para que poña en marcha estas sancións.

Non parece moi lóxico –conclúe o deputado popular- que, mentres as flotas comunitarias están apostando pola sostibilidade pesqueira, de tal xeito que adaptamos as nosas posibilidades de pesca de conformidade cos ditames científicos, existan países que unilateralmente renuncien a todo esforzo de conservación e fixen as súas cotas individualmente sen ningunha restrición

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Outubro 2013
    L M M X V S D
     123456
    78910111213
    14151617181920
    21222324252627
    28293031  
    « Set   Nov »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: