Comisión 7- 04 10 2013

O voceiro de Montes, Jose Manuel Balseiro, defende que a xestión da loita contra os lumes forestais debe tratarse como un asunto de país e que para elo é preciso fuxir do ataque partidista e evitar a demagoxia

O GRUPO POPULAR É PARTIDARIO DE ABRIR UN AMPLO DEBATE TÉCNICO PARA RECOLLER PROPOSTAS QUE PERMITAN MELLORAR O DISPOSITIVO DE LOITA CONTRA OS INCENDIOS

529651_417286685033624_299129873_n

 

Os populares insisten, en todo caso, en que queda probada a maior efectividade dos equipos de extinción que permitiu nesta campaña a redución do número de hectáreas queimadas, en relación coa media dos últimos anos

 

Santiago, 4 de outubro de 2013.- O portavoz de Montes do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, defende a posibilidade de abrir un amplo debate técnico para recoller propostas que permitan mellorar o dispositivo de loita contra os incendios forestais, aínda que insiste en salientar que o modelo posto en marcha nesta campaña trouxo consigo unha maior efectividade dos equipos de extinción e facilitou a redución do número de hectáreas queimadas, en relación coa media dos últimos anos.

Balseiro indicou que a xestión da loita contra os lumes forestais debe tratarse como un asunto de país, dada a intensidade e as características que ten en Galicia, fundamentalmente pola incidencia dos incendiarios. Para elo é preciso fuxir do ataque partidista e evitar a demagoxia”, apuntou.

AMPLIAR O DEBATE

Balseiro fixo estas declaracións en relación co debate suscitado por unha iniciativa de AGE esta mañá na Comisión 7ª do Parlamento de Galicia, na que propoñía unha serie de medidas encamiñadas a incrementar o valor do monte e modificar o modelo actual do dispositivo.

Desde o Grupo Popular insistiron en que hai aspectos das propostas de AGE que compartían e outros non, pero que era preciso ampliar este debate para que todos puideran introducir as súas propostas e, sobre todo, para que foran os técnicos os que orientaran futuras melloras fóra do debate partidista, convidando ao deputado de AGE a que retirara a súa iniciativa.