Comisión de Montes -04 11 2013

O voceiro de Montes, Jose Manuel Balseiro, lembra que a Lei de subvencións establece que en canto non resolva a autoridade xudicial se suspende expedientes administrativos

O GRUPO POPULAR DEFENDE QUE ACTÚE A XUSTIZA EN RELACIÓN COA PRESUNTA TRAMA IRREGULAR DE AXUDAS DE FORESTACIÓN NA COSTA DA MORTE

 la%20foto%204

  • Os populares lembran que a inmensa maioría dos expedientes iniciáronse e executáronse durante os anos de Goberno do bipartito
  • O Goberno galego colabora ao máximo coa xustiza, como non podía ser doutro xeito, e é o primeiro interesado en que se esclarezan estes feitos para actuar en consecuencia

  

Santiago, 4 de outubro de 2013.- O portavoz de Montes do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, defende que se debe respectar a investigación e actuación xudicial en relación coa presunta trama irregular de axudas á forestación de terras non agrícolas na Costa da Morte e sinala que nesa labor o xulgado conta coa máxima colaboración do Goberno galego que é o primeiro interesado en que se esclarezan estes feitos.

Os populares rexeitaron unha iniciativa do BNG que na Comisión de Montes do Parlamento de Galicia reclamaba unha investigación paralela da Xunta en relación con estas axudas. “Fixérono lembrando que a normativa vixente en materia de subvencións, en concreto o artigo 53, establece taxativamente que en canto non resolva a autoridade xudicial, se suspenden todos estes expedientes administrativos”, apuntou Balseiro.

O portavoz popular insiste en que primeiro debe actuar o xuíz determinando a existencia ou non de irregularidades de relevancia penal e só logo, despois deste pronunciamento e en función do contido do mesmo, a Xunta de Galicia actuará en consecuencia.

Os populares tamén lembraron que a inmensa maioría das axudas postas en cuestión foron expedientes iniciados e abonados durante a etapa de Goberno do bipartito. “O proceder dos responsables da administración galega foi realizar as comprobacións pertinentes sobre o seguimento do procedemento administrativo e trasladar todos os datos requiridos polo xulgado para colaborar no esclarecemento dos feitos”, sinalou Balseiro.