Orzamentos Xerais do Estado 2014

Os populares defenden os investimentos previstos polo Goberno central na Mariña lucense fronte o lastre que para as infraestruturas lucenses supuxeron os oito anos de gobernos do PSOE

A AUTOVÍA DO CANTÁBRICO (A8) INICIOUSE E REMATARASE CUN GOBERNO DO PARTIDO POPULAR

Balseiro

 

  • Lembran as promesas incumpridas polo PSOE que a través dun exministro de Fomento lucense prometeu repetidamente rematar a A8 en 2011 ou incluso en 2009 segundo aseguraba Touriño
  •  Por primeira vez o treito estatal do corredor incorpora un orzamento executable compatible co impulso do proxecto técnico e administrativo, fronte aos 50 mil euros que o PSOE presupuestaba pero non executaba

 

A Mariña, 4 de outubro de 2013.- O secretario xeral do Partido Popular de Lugo, Jose Manuel Balseiro, quixo saír ao paso das enganosas valoracións efectuadas por socialistas e nacionalistas respecto dos investimentos previstos nos orzamentos xerais do Estado para a comarca da Mariña lucense.

O dirixente popular salientou que achegan os recursos necesarios para impulsar as infraestruturas máis importantes da comarca da costa lucense que durante dúas lexislaturas do PSOE en Madrid non foron quen nin de rematar (pola autovía do Cantábrico) nin de iniciar (polo treito estatal do corredor)

En opinión dos populares o PSOE foi un lastre para esta comarca ata o punto de que os que hoxe critican que se acheguen investimentos e se executen estes recursos, no pasado gardaban un silencio cómplice cando nin se investía, nin se presupuestaba.

Os populares sinalan ademais que os socialistas non deron a cara pola comarca en tempos de bonanza orzamentaria, mentres que agora con menos recursos o PP é capaz de facer máis e incluso pagar as débedas que deixaron pendentes os do PSOE, como coa autovía do Cantábrico.

AUTOVÍA DO CANTÁBRICO

Desde o PP explican que o investimento executado en 2013 e os orzamentos de 2014 veñen a liquidar os recursos necesarios para poñer en servizo o último tramo da A-8, entre Careira e Mondoñedo. Inclúe tamén o orzamento preciso para evitar os problemas das escorrentas pluviais nesta ultima localidade. Con estes datos, Balseiro sentenciou que a autovía do Cantábrico iniciouse cun Goberno do Partido Popular e rematarase cun Goberno do Partido Popular, o que dá mostra do verdadeiro compromiso con esta obra.

Esta situación contrasta con dúas lexislaturas do PSOE en Madrid, oito anos durante os que houbo un ministro de Fomento lucense que prometeu o remate das obras en 2011 e non cumpriu e un presidente da Xunta, o tamén socialista Touriño, que incluso anunciaba a conclusión da A-8 en 2009 e tampouco cumpriu, amosando que o socialismo foi un verdadeiro freo para as infraestruturas lucenses.

TREITO ESTATAL DO CORREDOR

No que respecta ao tramo estatal do corredor, Balseiro significou que os 100.00 euros orzamentados para licitar o contrato de redacción desta nova autovía son moito máis dos 50.000 que orzamentaba o PSOE no seu día. Cunha notable diferenza, eles o incluían no papel pero non o executaban, nin en diñeiro nin no proceso administrativo, xa que foron incapaces de resolver as alegacións que os concellos fixeron sobre o trazado.

Mentres que agora existe un compromiso concreto de impulsar esta infraestrutura tanto no económico como no ámbito do proxecto administrativo e técnico.

OUTRAS ACTUACIÓNS

En 2014 Lugo será a 4º provincia española en recepción de achegas de Fomento para estradas, con máis de 99,12 millóns de euros, a nosa comarca tamén beneficiarase dos recursos previstos en conxunto para melloras de seguridade, mantemento, sinalizacións e repintado de marcas viarias.