Igualdade

Estas axudas tamén servirán para achegar os recursos precisos para financiar os programas de prevención da violencia de xénero e fomento da conciliación

Balseiro salienta que os máis de 180.000 euros que reciben os concellos da Mariña servirán para impulsar as iniciativas de promoción da Igualdade

20131005-132830.jpg

• O deputado popular quixo poñer en valor a importancia da cooperación entre a Xunta e os concellos para traballar a prol da igualdade e rematar con calquera tipo de discriminación.

A mariña lucense, 5de outubro de 2013.- O secretario xeral do Partido Popular de Lugo e secretario do Parlamento galego, Jose Manuel Balseiro salientou hoxe que os máis de 180.000 euros que recibirán da Xunta varios concellos da Mariña servirán para impulsar iniciativas de promoción da igualdade e fomentar a conciliación.

O deputado explicou que o Diario Oficial de Galicia publica hoxe a relación de beneficiarios e os recursos económicos que o Goberno galego destina para diversos programas de prevención da violencia de xénero e fomento da conciliación

CENTROS DE INFORMACIÓN Á MULLER

De feito entre as axudas aparecen os apoios aos Centros de Información á Muller (CIMs) de Burela, Ribadeo, Mondoñedo e Viveiro, con recursos específicos para os programas de asesoramento xurídico e psicolóxico, en especial, para posibles vítimas en casos de violencia de xénero

20131005-144243.jpg

Ademais do traballo dos CIMs e as iniciativas de promoción da igualdade, a Xunta tamén apoia ao asociacionismo feminino, ou actuacións como a elaboración dos plans municipais de igualdade, a apertura dos centros educativos fóra do horario escolar ou outras medidas de conciliacion.

20131005-144459.jpg

O deputado popular quixo poñer en valor a importancia da cooperación entre a Xunta e os concellos para traballar a prol da igualdade e rematar con calquera tipo de discriminación