Acordo pesqueiro con Marrocos


Para o voceiro do Mar, José Manuel Balseiro Orol “o acordo que conseguíu o Goberno de Rajoy supón unha mellora con respecto ao anterior, do 2007, xa que se aumentaron as posibilidades de pesca, o que incidirá positivamente na rendibilidade da flota e confírelle a esta unha enorme importancia económica, social e política”

O PPDEG SOLICITA PROSEGUIR AS XESTIÓNS DIANTE DO PARLAMENTO E O CONSELLO EUROPEO PARA RATIFICAR O ACORDO DE PESCA CON MARROCOS

Flota

 

• Segundo o voceiro do Mar este acordo “garantirá a actividade a un centenar de buques españois, na súa maioría de carácter artesanal e só da nosa comunidade viñan operando 16 barcos: 5 arrastreiros e 11 palangreiros de fondo”

• Balseiro Orol contrapón este acordo “logrado co sector ao alcanzado no 2007 que o Goberno socialista firmou un tratado de espaldas ao mesmo e sen ter en conta informes científicos e con baixa rentabilidade para a flota española”

Santiago, 6 de outubro de 2013.- O PPdeG ven de presentar no Parlamento unha Proposición non de Lei na que solicita da Xunta de Galicia proseguir as xestións diante do Parlamento e o Consello europeo para conseguir a ratificación do acordo de pesca asinado recentemente entre a UE e o Reino de Marrocos. Segundo o voceiro do Mar do PPdeG, José Manuel Balseiro, este é o último trámite preciso para a súa entrada en vigor, a ratificación polo Consello de Ministros e polo Parlamento da UE “e é neste último onde o Goberno centra as súas actuacións para que o protocolo entre en vigor e non se produzan sorpresas como aconteceu en decembro de 2011”.

Para José Manuel Balseiro o acordo que conseguíu o Goberno de Rajoy , despois de nove meses de intensivas negociacións, o pasado 24 de xullo “supón unha mellora con respecto ao anterior, do 2007, xa que aumentaron as posibilidades de pesca, o que incidirá de xeito positivo na rendibilidade da flota e confírelle a esta unha enorme importancia económica, social e política”.

Segundo o voceiro do Mar do PPdeG esta negociación permitirá á flota comunitaria, principalmente española, regresar aos caladoiros que xestiona o Goberno de Marrocos e que foron pechados fai case dous anos polos problemas para renovar o convenio anterior. Este novo acordo “garantirá a actividade a un centener de buques españois, na súa maioría de carácter artesanal, con máis de 700 tripulantes, principalmente de Andalucía, Canarias e Galicia” e segundo Balseiro Orol “só da nosa comunidade viñan operando nese caladoiro 16 barcos galegos:5 arrastreiros e 11 palangreiros de fondo”.

O voceiro de Mar indicou que o acordo, como manifestaron responsables da Confederación Española de Pesca, “é un acordo que respecta o mandato do Consello e as recomendacións do Parlamento Europeo, permitindo acceder aos excedentes de pesca de Marrocos de forma sustentable e respectando o dereito internacional”. “A contrapartida financeira é equilibrada e o maior esforzo económico solicitado aos armadores españois é aceptado por melloras nas condicións técnicas”.

Para Balseiro Orol a resolución “é froito das xestións do Goberno do PP no Estado que dende un primeiro momento puxo de manifesto que se trataba dun compromiso ineludible e dun proceso de negociación baseado en condicións de sustentabilidade ecolóxicas, económicas e sociais, e de mellora das condicións técnicas”. O voceiro popular contrapón este acordo “logrado co sector ao alcanzado no 2007 no que o Goberno socialista firmou un tratado de espaldas ao mesmo e sen ter en conta informes científicos e con baixa rentabilidade para a flota española”.

Segundo o voceiro do PPdeG as condicións técnicas do novo acordo supoñen unha mellora con respecto ao protocolo anterior “o que fai prever que se produza unha utilización maior que no pasado, por aumentar as posibilidades de pesca e establecer condicións de sustentabilidade do recurso compatibles coa rendibilidade das embarcacións”.