Benestar: residencia de Monterroso

O deputado do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro rexistrou unha iniciativa no Parlamento de Galicia interesándose por esta cuestión

O GRUPO POPULAR INTERPELARÁ AO GOBERNO GALEGO EN RELACIÓN COA RENUNCIA DO ALCALDE DE MONTERROSO A CONTAR CUNHA RESIDENCIA

Foto Balseiro Parlamento

 

  • Os populares queren coñecer a verdade logo das declaracións contraditorias do alcalde nun intento de xustificar por que renunciou á este novo servizo

 

Santiago, 7 de outubro de 2013.- O deputado do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, vén de rexistrar unha iniciativa na Cámara autonómica a través da que interpelará ao Goberno galego sobre a renuncia do alcalde de Monterroso, o socialista Antonio Gato, a dotar a esta localidade dunha residencia para persoais maiores.

Os populares poñen de relevo as continuas contradicións do rexedor local cando intentou xustificar as razóns polas que desistiu de contar coa autorización oportuna da Xunta para que ese centro fora recoñecido como residencia.

Jose Manuel Balseiro considera que adquire unha notoria gravidade que o Concello impulsase unha serie de obras para a construción dun centro sen respectar os requisitos técnicos mínimos cos que debe contar unha residencia e, nese senso, preguntará á Xunta polas deficiencias detectadas polos órganos de inspección e os pasos dados desde a Alcaldía.

O Goberno local do Concello de Monterroso anunciou fai anos a intención de promover directamente a construción dunha residencia da terceira idade nesta vila, unha promesa que agora está disposto a incumprir, segundo puido deducirse no último pleno extraordinario e monográfico convocado a instancias do Grupo Municipal Popular e no que se pedía expresamente que o alcalde non renunciara a esta residencia.

Os populares tamén queren saber se é certo que o Concello de Monterroso solicitou o cambio de tipoloxía do centro a vivenda comunitaria e, nese caso, que servizos e características implica esta nova solicitude.

UNHA RESIDENCIA COAS MÁXIMAS GARANTÍAS

Balseiro insiste en que calquera centro que pretenda construírse nesa localidade debe cumprir os requisitos técnicos mínimos esixibles aos establecementos que prestan atención ao colectivo de persoas maiores e dependentes, co fin de garantir a adecuación das instalacións, a calidade na prestación dos servizos e unha asistencia axeitada ás necesidades e características dos usuarios