Opinión: Nova residencia en Cervo

 O Goberno galego cos que máis o necesitan

image_gallery

 Son todas estas familias, nas que hai unha persoa con necesidades especiais, os principais protagonistas deste esforzo colectivo, os primeiros na liña da nosa felicitación e admiración: polos seus esforzos no ámbito da protección social, pola súa entrega abnegada, por demostrar que o valor do cariño e dun esforzado traballo diario ten ao final a súa recompensa.

Coa inauguración, en Cervo, do complexo residencial para persoas con enfermidade mental, o primeiro destas características da nosa comarca -e o cuarto en toda Galicia-A Mariña disporá dun novo servizo de benestar chamado a ofrecer unha atención de calidade para os seus futuros usuarios.

A súa apertura é a mellor testemuña do compromiso dun gran número de persoas, entidades e de administracións, precisamente na semana na que se celebra o Día Mundial da Saúde Mental. Xornada, na que poñemos en valor os esforzos daqueles que traballaban por un fin común: a promoción da saúde psíquica e a difusión das reivindicacións e necesidades das persoas con enfermidade mental e dos seus familiares.

Por iso, non sería xusto felicitarse pola apertura deste centro sen facer un recoñecemento expreso á directiva e ao conxunto de persoas que integran a Asociación de Axuda ao Enfermo Mental “A Mariña”, auténticos promotores, alma e corazón, deste ambicioso proxecto que tan ben fará aos seus usuarios.

Son todas estas familias, nas que hai unha persoa con necesidades especiais, os principais protagonistas deste esforzo colectivo, os primeiros na liña da nosa felicitación e admiración: polos seus esforzos no ámbito da protección social, pola súa entrega abnegada, por demostrar que o valor do cariño e dun esforzado traballo diario ten ao final a súa recompensa.

Ás 75 prazas da nova residencia de Cervo, nas que a Xunta investiu 670.000 euros debemos engadir tamén outras moitos apoios nos que vén traballando o Goberno galego, nun ámbito, o do benestar no que, a pesar das dificultades propias da crise ou quizá precisamente por elas, hai que seguir realizando un esforzo especial, xa que sempre hai novas necesidades.

A nova escola infantil de Burela, o proxecto para a construción dunha residencia e centro de día en Foz, o centro de formación ocupacional de Eu Son, as iniciativas de COGAMI, a residencia de Viveiro e outros moitos compromisos que van tomando forma noutros concellos son o camiño a seguir.

Unha senda, a de multiplicar as infraestruturas de benestar nas que xa ten dado pasos o Goberno de Feijóo que, na época de maior dificultade, suma no seu haber nos últimos catro anos máis de 2.800 prazas públicas postas a disposición dos galegos, en residencias e centros de día… Un incremento do 42% con respecto ás prazas existentes en 2009. Só na nosa  provincia, creáronse máis de 500 prazas para maiores desde 2009, un 35% máis das que existían nesa data. Por eles, polas súas familias, o Goberno galego ten que seguir esforzándose estando ao carón dos que máis o necesitan.