Sanxenxo

Os populares aseguran que as obras nas instalacións concesionadas deben en todo momento respectar os requisitos ambientais

O GRUPO POPULAR DEFENDE A FUNCIÓN DE MEDIACIÓN DE PORTOS DE GALICIA PARA PROMOVER UNHA SOLUCIÓN DE CONSENSO ENTORNO AO FUTURO DAS INSTALACIÓNS NÁUTICO-PORTUARIAS DE SANXENXO

 DSC_0003 (2)

  • Lembra que o ente público autonómico paralizou en varias ocasións as obras tras supervisar os traballos e que o novo proxecto proposto reduce o ámbito da concesión en máis de 1.700 metros e o número de prazas pasa de 124 a 61

 

  • Sinala tamén que a posta en marcha da nova instalación non recibiu alegación algunha durante o proceso de exposición pública do proxecto

 

Santiago, 10 de outubro de 2013.- O portavoz do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, defendeu a función de mediación que está a desenvolver Portos de Galicia para promover unha solución de consenso entorno ás obras que executa o Club Náutico nas instalacións náutico-portuarias de Sanxenxo. Os populares aseguran que o obxectivo final é que calquera actuación que se execute deba respectar, en todo momento, os requisitos ambientais e os condicionantes técnicos incluídos no proxecto.

 O deputado lembrou que a construción de novos pantaláns nesta localidade é unha actuación promovida por iniciativa privada, que dispuxo das correspondentes autorizacións administrativas e defendeu os pasos dados pola administración portuaria, que supervisou os traballos desenvolvidos ata o punto de chegar a acordar, o pasado 15 de maio, a paralización das obras tras comprobar que, nun primeiro momento, estas non se estaban axustando ao proxecto técnico aprobado.

Ante o decreto de paralización, o Club Náutico de Sanxenxo propuxo unha modificación do proxecto, que implicou retirar superficie de obra do proxecto. Balseiro explicou que Portos de Galicia deu o visto e prace a esta modificación tras avaliar tecnicamente a conveniencia da nova proposta.

 SOLUCION DE CONSENSO

Balseiro lembrou que, coa reanudación das obras, o colectivo SOS Panadeira tomou a zona de actuación impedindo que traballaran as máquinas. Ante esta situación, pola seguridade das persoas que invadiron o recinto das obras, Portos de Galicia volveu a decretar a paralización cautelar destes traballos o pasado 12 de xullo  .

 Tras explicar todos estes pasos, os populares rexeitaron a iniciativa de AGE que no Parlamento de Galicia solicitou revogar a autorización destas obras, insistindo na importancia de que Portos de Galicia continúe mediando entre todos os axentes interesados (concesionaria, concello, usuarios e colectivos) para atopar unha solución de consenso que permita a posta en marcha da nova instalación que, insisten, non recibiu alegación algunha durante o proceso de exposición pública do proxecto.