• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Hospital da Costa- Novos servizos
Arrastre »

Hospital da Costa

11, Outubro 2013 por Admin B

O Parlamento de Galicia aprobaba no día de onte cos votos dos deputados do PP e do BNG a iniciativa popular para a posta en marcha deste novo servizo

Balseiro insta aos socialistas da comarca a pronunciarse sobre a decisión do PSOE de non apoiar os tratamentos de quimioterapia no Hospital da Costa

Balseiro

  • Considera incomprensible que os socialistas defendan o modelo actual que obriga a enfermos e familiares a desprazarse en máis dunha hora de viaxe ata a cidade de Lugo ou da Coruña

A Mariña, 11 de outubro de 2013.- O secretario xeral do PPdeLugo e secretario do Parlamento de Galicia, Jose Manuel Balseiro instou hoxe aos socialistas mariñáns a pronunciarse sobre a decisión dos seus compañeiros do PSOE en Santiago de non apoiar a iniciativa que pedía a realización de tratamentos de quimioterapia para enfermos de cancro no Hospital da Costa.

Os populares xulgan “de incomprensible e de insensible” que os socialistas non defendan mellorar o modelo actual que obriga a enfermos e familiares a desprazarse máis dunha hora de viaxe ata a cidade de Lugo ou da Coruña para recibir estes tratamentos. Lamentan que ante unha medida obxectivamente positiva, que fai máis próxima e perfecciona a atención médica prestada a estes pacientes, o PSOE decidira deixarse levar polos seus prexuízos políticos e facer da mesma un asunto de confrontación partidista.

O Parlamento de Galicia aprobaba no día de onte, cos votos favorables dos deputados do Partido Popular e do Bloque Nacionalista Galego, a iniciativa do Grupo Popular para a posta en marcha deste novo servizo hospitalario. A maiores esta mesma petición foi acollida pola inmensa maioría dos alcaldes da comarca que incluso rexistran mocións de apoio nos distintos concellos da Mariña lucense.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en SANIDADE |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Outubro 2013
    L M M X V S D
     123456
    78910111213
    14151617181920
    21222324252627
    28293031  
    « Set   Nov »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: