• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Hospital da Costa
Punto limpo en Cervo »

Arrastre

11, Outubro 2013 por Admin B

Esta decisión provocaría un impacto negativo na competitividade dun amplo sector da flota galega composto por máis de 300 embarcacións en Galicia que dan emprego directo a entorno a 2.500 profesionais

O GRUPO POPULAR QUERE QUE O PARLAMENTO GALEGO REXEITE A POPOSTA DA COMISIÓN EUROPEA DE PROHIBIR O ARRASTRE E O ENMALLE

 Rueda de prensa

  • A iniciativa popular –que conta xa co respaldo da Consellería do Mar– busca acadar tamén o apoio dos eurodeputados españois e do Ministerio en oposición ás teses de Bruxelas
  •  Jose Manuel Balseiro lembra que os primeiros interesados na defensa da sostenibilidade dos recursos nas pesqueirías de augas profundas son os profesionais do sector

 

Viveiro, 11 de outubro de 2013.- O portavoz do Mar do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, presentou hoxe en rolda de prensa unha iniciativa na que se solicita o rexeitamento do Parlamento de Galicia ante a proposta da Comisión Europea pola que se pretende prohibir, de xeito gradual, o uso das artes de pesca de arrastre e de enmalle nas pesquerías de augas profundas.

Balseiro xulga de “inaceptable, inxustificable e desproporcionada” esta medida que pode aceptar ao futuro de 300 embarcacións galegas e fronte a que busca acadar os apoios da Consellería do Medio Rural e do Mar –que xa deu conta do seu respaldo- dos eurodeputados españois e do Ministerio de Agricultura, Alimentación e Medio Ambiente.

Acompañando ao portavoz do Mar, estaban o tamén parlamentario mariñán, Vidal Martínez-Sierra, o alcalde de O Vicedo, e responsable de pesca do PPdeLugo, Jesús Novo, a concelleira do Mar de Burela, Patricia López, o portavoz local do PP de Viveiro, Antonio Bouza, o presidente local do PP Ribadeo, Jesús López Penabad e o deputado Jaime de Olano. Todos comparten o rexeitamento ás teses de Bruxelas e a preocupación polo futuro dun sector de importancia dentro da flota galega e comarcal.

REFORMA DO REGULAMENTO

Balseiro explicou que a Comisión Europea (CE) propuxo unha reforma dos Regulamentos comunitarios que implicaría a eliminación progresiva das autorizacións de pesca por medio de redes de arrastre  de fondo ou de redes de enmalle, unha decisión que afectaría a buques españois, franceses e portugueses e, moi en particular, galegos. A súa vez o Parlamento debate un informe, promovido por un eurodeputado socialista grego, Kriton Arsenis, partidario destas teses.

A escusa empregada polos defensores desta proposta é a de evitar capturas accesorias e a degradación do fondo mariño en zonas vulnerables, pero Balseiro lembra, que os primeiros interesados en desenvolver unha actividade pesqueira sostible son os profesionais do sector, “evitando a sobreexplotación dos recursos e zonas de corais onde poden engancharse os aparellos”. Nesa liña considera un erro prohibir o arrastre na súa totalidade e di que como alternativa “deberan determinarse as áreas prioritarias de traballo, os solos areosos e fangosos”.

ARRASTRE DE FONDO

Balseiro tamén explicou que, de levarse acabo a proposta de Bruxelas, provocaría un impacto negativo na competitividade dun amplo sector da flota galega composto de máis de 300 embarcacións que dan emprego directo a entorno a 2.500 profesionais

Falamos, explicou Balseiro, de 164 arrastreiros, que faenan en augas internacionais, de Gran Sol e do litoral cantábrico, 140 buques que faenan con artes de enmalle na costa litoral cantábrica, 100 da flota de artes menores e 10 máis que faenan baixo outras bandeiras comunitarias, pero de capital galego.

Desde o punto de vista económico se estima que este sector podería verse afectado por perdas estimadas en 80 millóns de euros e, no ámbito social, ameazaría a uns 2.500 empregos. Cifras “que dan mostra de que estaríamos nunha decisión amplamente negativa para Galicia”-segundo o voceiro popular.

PESCA EN AUGAS PROFUNDAS

A pesca de arrastre de fondo en augas profundas do nordeste Atlántico ascende a unhas 34.300 toneladas, é dicir, ao redor do 1 % do total de desembarcos na zona (3,5 millóns de toneladas).

Os buques activos nas pesquerías de augas profundas son os grandes navíos que operan na costa oeste das illas británicas, baseados principalmente en Galicia, Asturias, o País Vasco, Bretaña e Normandía (Francia). Pero tamén inclúe aos buques que se dedican á pesca artesanal de palangre en zonas ultraperiféricas, como as illas Canarias, Azores ou Madeira.

A captúraa de recursos de augas profundas é un complemento para os ingresos dos pescadores, sobre todo de altura, dedicados a extraer especies principais como a pecada, o rape ou o fletán.

AMPLIACIÓN PARA O CASO DA MARIÑA

No caso concreto da Mariña lucense o número de embarcacións afectadas por esta medida achegaríanse a preto dun centenar, 44 barcos de palangre de fondo, de NEAFC e Caldoiro Nacional, 31 de arrastre, 4 de enmalle e volantas, e un pequeno número de artes menores.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Outubro 2013
    L M M X V S D
     123456
    78910111213
    14151617181920
    21222324252627
    28293031  
    « Set   Nov »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: