• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Nova Lei do Solo
Comisión de Pesca »

Enerxía Eólica

16, Outubro 2013 por Admin B

A Xunta somete a información pública a solicitude formulada por Fergo Galicia Vento, SL empresa promotora das novas instalacións

Balseiro e Martínez-Sierra salientan o investimento de 26,6 millóns de euros para a posta en marcha do parque eólico de Airas entre os concellos de Mondoñedo e Alfoz

 Enerxía_eólica_Galicia

  • O novo parque  pretende xerar unha produción neta anual estimada de 73.102 MWh
  • Unha vez executado posibilitará a recadación de máis de 73.125 euros anuais en concepto de canon eólico, que repercutirán directamente en beneficio de ambos concellos

 

Santiago, 16 de outubro de 2013.- Os deputados do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro e Vidal Martínez-Sierra, veñen de amosar a súa satisfacción despois de que a Xunta acordase someter a información pública a autorización administrativa e aprobación do proxecto de execución do parque eólico de Airas, entre os concellos de Mondoñedo e Alfoz.

CARACTERÍSTICAS TÉCNICAS

Os parlamentarios sinalan que esta actuación dispón dun orzamento de 26.225.394,10 euros que se investirán nesta localidade co obxectivo de xerar unha produción neta estimada de 73.102 MWh cada ano.

Desde o punto de vista técnico o futuro parque disporá de seis aeroxeradores con 65 m de altura da buxa e 58 m de diámetro de rotor, seis centros de transformación, unha torre meteorolóxica equipada con anemómetros, viraventos, sensores de temperatura, humidade, presión e rexistrador de datos, e implicará a instalación de liñas eléctricas subterráneas, unha subestación transformadora 20/132 kV e novos camiños ou vías para o acceso aos aeroxeradores. As instalacións do parque eólico Airas tamén incluirán un edificio de control de 140 m2 en planta baixa, no cal se situarán, entre outros, as celas de liña, de protección e de medida

UN SÓ TRÁMITE

Nun só trámite o Goberno galego somete a información pública o proxecto de execución das instalación descritas para os efectos da súa autorización administrativa, aprobación e declaración de incidencia supramunicipal, o estudo de impacto ambiental e a relación de propietarios dos predios e demais titulares de bens e dereitos afectados pola súa execución.

CANON EÓLICO

Os parlamentarios sinalan finalmente que, ao investimento de 26 millóns de euros hai que sumar o feito de que, unha vez posto en marcha, posibilitará a recadación estimada de máis de 73.125 euros anuais en concepto de canon eólico, o que repercute directamente no conxunto dos veciños dos concellos de Alfoz e Mondoñedo.

Os parlamentarios lembran que precisamente no día de onte o Presidente da Xunta, Alberto Núñez Feijóo sinalou a importancia que para Galicia teñen as enerxías renovables, tanto desde o punto de vista da posibilidade real real de crecemento económico e xeración de novas oportunidades de emprego, pero tamén como aposta por amosar unha Galicia comprometida dun xeito respectuoso co seu patrimonio natural.

Desde esa dobre perspectiva, o titular do Goberno galego anunciou que a Xunta vai reforzar o desenvolvemento das enerxías renovables con rebaixas de impostos e bonificacións tanto no ámbito eólico como no da biomasa

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en INFRAESTRUTURAS, MEDIO AMBIENTE |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Outubro 2013
    L M M X V S D
     123456
    78910111213
    14151617181920
    21222324252627
    28293031  
    « Set   Nov »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: