• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Comisión de Pesca
Debate de Política Xeral 2013 »

Pescada do Norte

17, Outubro 2013 por Admin B

O voceiro do Mar do Grupo Popular explica que Xunta e Goberno central “lonxe de estar desaparecidos, xa solicitaron no mes de xullo ante a Comisión Europea un aumento de cota para a pescada do norte

BALSEIRO ACUSA AO PSOE DE ACTUAR CON “CINISMO OPORTUNISTA” DIANTE DO PECHE DE COTAS PARA A FLOTA DA PESCADA

 campaña-bonito-del-norte

  • Lembra que o portavoz do PSOE, que hoxe tanto se lamenta, chegou a asegurar que era innecesario apoiar a petición de incremento de cota promovida polo PP no Parlamento de Galicia
  • Os populares defenden a necesidade de incrementar a cota da ante as institucións comunitarias, a diferenza do que acotencía co bipartito cando, en situacións similares de amarre de flota por falta de cota, quedaban mundos

 

Santiago, 17 de outubro de 2013.- O portavoz do Mar do Grupo Parlamentario Popular, acusou hoxe ao PSOE de actuar con “cinismo oportunista” diante da situación que afecta á flota galega obrigada a amarrar como consecuencia do esgotamento progresivo da cota da pescada.

Lembrou que o PSOE, que agora tanto parece lamentarse, restou importancia á iniciativa promovida polo Grupo Popular no Parlamento de Galicia o pasado mes de setembro e destinada a trasladar ante a Comisión Europea esta reivindicación e a facer explícito o apoio da Cámara autonómica á flota afectada.

A REGAÑADENTES

Balseiro dixo incluso que o portavoz de Pesca do PSOE, Jose Ramón Val, quedou retratado ante os representantes do sector, moitos deles da Mariña, cando chegou a asegurar na súa intervención no Parlamento galego “que non tiña sentido trasladar á UE esta petición, porque era algo que xa estaba feito coa solicitude do Ministerio”, o que demostra non só o descoñecemento deste deputado da realidade do sector, senón incluso a falta de iniciativa e de capacidade de apoio dos socialistas ante unha reivindicación “xusta e necesaria da flota, que aínda está pendente de resolverse”-lembrou Balseiro.

Os populares “dan a benvida” ao PSOE ás teses do Partido Popular “aínda que sexa con meses de atraso”, porque “se algo puidemos ver no debate que tivo lugar no mes de setembro é que non parecían moi convencidos do tema e que, finalmente, apoiaron a regañadentes a iniciativa popular, que ao final properou por unanimidade”

O MINISTERIO CURSOU A PETICIÓN OFICIAL

Balseiro explica que a decisión final para autorizar o incremento nas posibilidades de captura da pescada dependen da Comisión Europea, que xa dispón da solicitude oficial e formal do Goberno español, apoiada por Irlanda e pola Xunta de Galicia.

De feito, Balseiro quixo lembrar que lonxe de estar desaparecidos, o propio ministro, Miguel Árias Cañete reivindicaba este incremento nas posibilidades de pesca, xa no mes de xullo, durante o Consello de Ministros de Pesca da Unión Europea que tivo lugar nesas datas.

O PP RECLAMA O INCREMENTO DE COTA

Os populares insisten en defender a necesidade de incrementar a cota de pescada no Gran Sol, e en facelo ante as institucións comunitarias, a diferenza do que acontecía co bipartito cando, en situación similares de amarre de flota por falta de cota (que se veñen producindo cada ano) no PSOE quedaban mudos.

Balseiro explica tamén que si hoxe os informes científicos do CIEM dan conta do bo estado do recurso ten moito que ver cos logros acadados polos actuais responsables do PP que trasladaron a necesidade de reformular o feito de realizar estes estudos, que non reflictían a realidade, algo que sabía o PSOE en Galicia, e en tempos de Zapatero, pero que nunca reivindicaron

 NIN ESTÁN, NIN SE LLES ESPERA

 O portavoz do Mar do Grupo Popular considera que para o PSOE é moi sinxelo empregar agora a demagoxia con este tema pero, cando chega á hora de verdade, “son moi tibios ou incluso non están ao carón dos intereses do sector pesqueiro galego”. Así por exemplo reprochan a falta de apoio dos socialistas a iniciativas positivas para a flota tales como a petición para que se suprima o principio de estabilidade relativa no reparto de cotas, a flexibilización do calendario de prohibición dos descartes ou o rexeitamento ao acordo pesqueiro entre a UE e Mauritania

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Outubro 2013
    L M M X V S D
     123456
    78910111213
    14151617181920
    21222324252627
    28293031  
    « Set   Nov »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: