• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Orzamentos 2014
Pesca de baixura »

Pleno do Parlamento

30, Outubro 2013 por Admin B

O voceiro do Mar do Grupo Popular amosa a súa sorpresa ante a repentina preocupación do BNG pola situación da flota nos caladoiros comunitarios, logo de que os nacionalistas votasen repetidamente en contra de iniciativas obxectivamente positivas para este sector

BALSEIRO: “NON PODEMOS RECIBIR LECCIÓNS DE PSOE OU BNG SOBRE DEFENSA DO SECTOR PESQUEIRO, FORON OS QUE MÁIS FLOTA DESPEZARON, MÁIS BUQUES EXPULSARON DA NOSA BANDEIRA E MÁIS MARIÑEIROS CONDENARON AO PARO”

 DSC_0007

  • Galicia vén defendendo que os TAC e cotas que se asignan a España son reducidos e deberían ser máis elevados, así como da necesidade dun cambio no modelo de reparto
  •  Con todo, nos últimos dous anos co Partido Popular na mesa de negociación conseguíronse incrementar un 15 por cento as posibilidades de pesca

 

Santiago, 30 de outubro de 2013.- O portavoz do Mar do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, lembrou que a Xunta de Galicia traballa para cambiar a fórmula para conseguir que o actual principio de reparto de cotas pesqueiras (a estabilidade relativa) “poida cambiarse e, non entanto, os nosos profesionais teñan unha saída práctica grazas ao aumento de cotas”.

Os populares veñen defendendo que os TAC e cotas que se asignan a España “son reducidos e deberían ser máis elevados” e nesa liña as negociacións impulsadas polo Partido Popular e o traballo conxunto do Ministerio e da Xunta fixeron posible incrementar nos últimos dos anos un 15% as posibilidades de pesca para a nosa flota.

INCREMENTO DAS COTAS

Máis en concreto, en 2012 as cotas pesqueiras asignadas á flota española medraron un 8,7% respecto a 2011 e en 2013 se incrementaron un 7,75% respecto a 2012. Unha situación que non acontecía durante a lexislatura bipartita, “en parte polo descoñecemento do sector e, en parte, pola súa mínima capacidade negociadora” e lembrou que co PSOE Estremadura, unha comunidade sen mar, representaba ás comunidades autónomas no Consello de Ministros de Pesca.

Os populares fixeron estas declaracións no transcurso do debate, no Pleno do Parlamento, dunha iniciativa do BNG na que demandaban medidas para evitar a redución da flota comunitaria. Balseiro amosou a súa sorpresa ante a repentina preocupación dos nacionalistas tendo en conta que veñen votando repetidamente en contra de iniciativas obxectivamente positivas para este sector. Neste senso, lembrou que o BNG non apoiou a iniciativa do Grupo Popular sobre supresión do principio de estabilidade relativa, sobre modificación da normativa vixente en materia de tripulacións mínimas e sobre a flexibilización da prohibición dos descartes pesquerios

DESPECES E ABANDEIRAMENTOS

“Non podemos recibir leccións dos que máis flota despezaron, máis buques expulsaron da nosa bandeira e máis mariñeiros condenaron ao paro”,  dixo Balseiro

O portavoz do Mar dos populares galegos avalou con datos as súa afirmación e así explicou que a época na que máis buques desapareceron foi durante o bipartito: Entre 2005 e 2008 desapareceron 538 embarcacións e entre 2009 e 2013 desapareceron 248,un 54% menos. Balseiro tamén insistiu en que o Goberno de PSOE e BNG “so no ano 2006 despezaron 46 buques, tantos como o PP en nos últimos catro anos”

En todo caso Balseiro lembrou que os despezamentos son unha medida totalmente voluntaria que demanda o sector, necesaria para axustar a capacidade da flota ás posibilidade reais de pesca e inclúen, en medidas socioeconómicas aparelladas en beneficio dos tripulantes.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MAR |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Outubro 2013
    L M M X V S D
     123456
    78910111213
    14151617181920
    21222324252627
    28293031  
    « Set   Nov »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: