• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Pesca de baixura
Reforestación »

Comisión 7ª

5, Novembro 2013 por Admin B

O voceiro das áreas de Mar e Montes, Jose Manuel Balseiro, formulará unha pregunta na Comisión de Agricultura e Montes do Parlamento de Galicia prevista para mañá mércores día 6 de novembro

O GRUPO POPULAR INTERÉSASE POLAS MEDIDAS DA XUNTA PARA ATENUAR A INCIDENCIA NOS BANCOS MARISQUEIROS DO ARRASTRE DAS CINZAS QUE PROCEDEN DE ESPAZOS AFECTADOS POR INCENDIOS FORESTAIS

Marcolax

 

  • A Xunta deseñou xa no mes de setembro un plan de prevención no que interviñeron distintos departamentos das consellerías do Medio Rural e do Mar e de Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas
  • Os populares din que coa chegadas das primeiras choivas torrenciais cómpre evitar situacións similares ás acontecidas en 2006 cando a falta de actuación do anterior goberno autonómico provocou importantes danos nos intereses pesqueiros e marisqueiros

  

Santiago, 5 de novembro de 2013.- O portavoz das áreas do Mar e de Montes do Grupo Popular, Jose Manuel Balseiro, formulará mañá unha pregunta na Comisión 7º do Parlamento de Galicia interesándose polas medidas que está a desenvolver a Xunta para atenuar a incidencia nos bancos marisqueiros do arrastre de cinzas procedentes de espazos afectados por incendios forestais.

PLAN DE PREVENCION NO MES DE SETEMBRO

Os populares lembran que, o Goberno galego, actuou con celeridade, deseñando “xa no mes de setembro” un plan de prevención do que forman parte as Consellerías do Medio Rural e do Mar e Medio Ambiente, Territorio e Infraestruturas- e, máis en concreto, a Secretaria Xeral de Medio Rural e Montes, a Dirección Xeral de Desenvolvemento Pesqueiro, o Intecmar, técnicos de Augas de Galicia, do Instituto de Estudos do Territorio e da Dirección Xeral de Conservación da Natureza.

QUE NON SE REPITA O DE 2006

Os populares coinciden co Goberno galego na importancia de que, chegadas a primeiras choivas torrenciais do outono, non se repitan os episodios acontecidos en 2006 cando a falta de planificación do anterior Goberno galego fixo que moitas destas cinzas acadaran os ríos e mares afectando ás especies acuáticas

DESCRICIÓN DOS TRABALLOS

O parlamentario popular queren saber en que consistiron e consisten as medidas que está a adoptar o actual Goberno galego, os espazos nas que se desenvolven e a eficacia concreta das iniciativas que buscan minimizar a fraxilidade do chan tras un incendio, e o traslado dos sedimentos aos ríos e ao mar.

Balseiro explica finalmente que, como se trata duns traballos que se executan naqueles espazos nos que tiveron lugar incendios próximos á costa ou aos ríos, neste senso amosará o seu interese particular polas medidas postas en marcha nas zonas de Carnota, Oia, Ribeira e Pontecaldelas, entre outros, onde tiveron lugar algúns dos incendios cuxas consecuencias entrañan maior risco.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en MAR, MONTES |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Novembro 2013
    L M M X V S D
     123
    45678910
    11121314151617
    18192021222324
    252627282930  
    « Out   Dec »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: