Reforestación

O voceiro de Montes, Jose Manuel Balseiro, di que a Xunta é a administración máis interesada no esclarecemento destes feitos

O GRUPO POPULAR INSISTE NA IMPORTANCIA DE DEIXAR TRABALLAR Á XUSTIZA  PARA ESCLARECER A FRAUDE DE AXUDAS PARA A REFORESTACIÓN NA COSTA DA MORTE

DSC_0003 (2)

 

  • Os populares lembran que a Xunta está personada no caso que se instrúe no Xulgado de Corcubión, como parte afectada
  •  Lembra ao PSOE hoxe xa están imputados responsables de entidades financeiras que puideron ter cometido irregularidades

  

Santiago, 6 de novembro de 2013.- O portavoz de Montes do Grupo Parlamentario Popular, Jose Manuel Balseiro, insistiu esta tarde no Parlamento na importancia de deixar traballar á Xustiza para esclarecer a presunta fraude de axudas para a reforestación na Costa da Morte. Os populares salientan a total colaboración da Xunta co Xulgado de Corcubión que instrúe a causa e que será o órgano competente para determinar a relevancia xurídica do que aconteceu.

O Grupo Popular vén defendendo que a Xunta tomará as decisións que sexan necesarias no contexto e na liña da resolución xudicial, cando esta se produza, pero “non antes, por respecto á xustiza e porque a propia normativa así o establece”. Nesta liña, Balseiro lembrou que a Lei de Subvencións de Galicia, aprobada no ano 2007, di que en tanto en canto non resolva a autoridade xudicial, non se poderá seguir cos expedientes administrativos

Dos expedientes que teñen que ver co caso, tramitados na súa maioría  na época do Goberno bipartito, segundo recordaron desde o Grupo Popular, unicamente 60 foron aprobados, o resto foron apartados na fase de trámite administrativo ou atópanse en situación de suspensión pendente da resolución xudicial

ENTIDADES FINANCEIRAS

O Grupo Popular rexeitou a proposición non de lei presentada polo PSOE e na que se insistía na necesidade de examinar o proceder das entidades financeiras involucradas, lembrando que precisamente esta cuestión é unha das que forman parte da investigación que está a levar o propio xulgado e pola que xa a día de hoxe están imputados responsables dalgunhas destas entidades.

Balseiro lembrou finalmente que a Xunta de Galicia está personada no caso que se instrúe no Xulgado de Corcubión, como parte afectada, e polo tanto que o PSOE chega tarde reclamando algo que xa está feito fai tempo.