Ribeira de Piquín

Balseiro e Baamonde queren trasladar unha mensaxe de tranquilidade ao conxunto dos veciños que non terán que desprazarse fóra do seu concello para ser atendidos polo seu médico de familia e enfermeiro

O GRUPO POPULAR INTERPELARÁ A SANIDADE PARA QUE GARANTA NO PARLAMENTO GALEGO A CONTINUIDADE DO CENTRO DE SAÚDE DE RIBEIRA DE PIQUIN

Balseiro

  • Os populares lamentan que o PSOE busque xerar alarma con algo tan serio como son os servizos chamados a atender a saúde das persoas

 

Santiago, 6 de novembro de 2013.- Os deputados do Grupo Popular Jose Manuel Balseiro e Agustín Baamonde queren que o Goberno galego garanta no Parlamento de Galicia a continuidade do centro de saúde de Ribeira de Piquín e desminta, deste xeito, as informacións difundidas polo PSOE sobre o seu falso e hipotético peche.

 Desde o Grupo Parlamentario Popular queren trasladar unha mensaxe de tranquilidade ao conxunto dos veciños e, “dando por feito que todo vai a continuar igual e que non existe nin se está estudando ningún tipo peche” queren en todo caso, para que quede aínda máis claro, interpelar ao Goberno galego para que ratifique, en sede parlamentaria, o mantemento deste centro de saúde.

 FUTURO BLINDADO

 Deste xeito, “quedará blindado o futuro dun servizo médico cuxos usuarios principais, os preto de 700 veciños da localidade, poden ter a seguridade de que non se verán obrigados a desprazarse fóra do concello para ser atendidos polo seu médico de familia e enfermeiro”.

 Desde o Grupo Popular lamentan que o PSOE, “difundindo embustes sen fundamento”, busque xerar alarma “con algo tan serio como son os servizos chamados a atender a saúde das persoas”