• Inicio
  • Hospital Público da Mariña
  • PRESENTACIÓN
  • Contacto

josemanuelbalseiro.com

Blog persoal

Feeds:
Artigos
Comentarios
« Cerámica de Sargadelos
Compromiso »

Plan de Cooperación

11, Novembro 2013 por Admin B

O deputado do Grupo Popular e secretario da Mesa do Parlamento sinala que a administración autonómica sufraga o cen por cen dos custes salariais e de seguridade social das persoas contratadas

“A XUNTA INVESTIU MÁIS DE 656.000 EUROS NA CONTRATACIÓN DE 156 DESEMPREGADOS DE TODOS OS CONCELLOS DA MARIÑA A TRAVÉS DOS PLANS DE COOPERACIÓN”

 PropA

  • Ningún concello da comarca queda excluído destas axudas e todos os desempregados poden ser potenciais beneficiarios dos plans de cooperación da Xunta, con independencia do seu lugar de residencia e en igualdade de oportunidades

  

A Mariña, 11 de novembro de 2013.- O deputado do Grupo Popular e secretario da Mesa do Parlamento galego, Jose Manuel Balseiro salientou hoxe que a Xunta vén de investir –o ano en curso- máis de 656.000 euros na contratación de 156 persoas desempregadas de todos os concellos da Mariña lucense a través dos denominados programas de cooperación.

 O parlamentario lembrou que con estas axudas da Xunta a administración autonómica sufraga o cen por cen dos custes salariais  e de seguridade social das persoas contratadas e son os concellos os que autonomamente propoñen e realizan os contratos. Ademais con estes apoios os municipios poden ofertar distintos servizos de interese público que doutro xeito non poderán asumir con recursos propios.

NINGÚN CONCELLO EXCLUÍDO

Balseiro salientou que, a diferenza dos programas postos en marcha por outras administracións, ningún concello queda excluído destas axudas e polo tanto todas as persoas que estean inscritas no paro na Mariña lucense poden ser potencias beneficiarios dos plans de cooperación da Xunta.

IGUALDADE DE OPORTUNIDADES

O parlamentario puxo en valor este feito destacando que a Xunta non establece diferenzas entre parados segundo o concello no que residen, xa que participan todos os municipios, á vez que garante a igualdade de oportunidades entre as persoas que se atopan sen emprego, que poderían ser contratadas a través deste plan.

Algunhas das contratacións que se subvencionan están destinadas á incorporación laboral de mulleres vítimas de violencia de xénero, que teñen prioridade absoluta para acceder aos postos de traballo xerados mediante os Programas de Cooperación.

 REFORZO ÁS BRIGADAS MUNICIPAIS

Moitos concellos dependen destas axudas para engrosar as brigadas dedicadas ao acondicionamento ou mellora de espazos e bens públicos, que atenden a tarefas que van dende a limpeza de edificios e rúas ata o coidado de áreas fluviais e recreativas ou o desbroce de pistas e camiños. Tamén destinan un bo número destes contratos a atender servizos relacionados co socorrismo, ocio, a cultura ou o turismo.

Compartir:

  • Feixe clic para compartir en Facebook (Se abre en una ventana nueva)
  • Compartir en Twitter (Se abre en una ventana nueva)
  • Imprimir (Se abre en una ventana nueva)
  • Enviar isto a unha amizade (Se abre en una ventana nueva)

Gústame esto:

Gústame Cargando...

Relacionado

Publicado en EMPREGO |

  • Perfil Facebook

    Jose Manuel Balseiro Orol

    Crea tu insignia
  • Sígueme en Twitter

    Tweets por @BalseiroPP
  • Enlaces

    • Concello de Cervo
    • Grupo Parlamentario Popular
    • Novas Xeracións de Galicia
    • Parlamento de Galicia
    • Partido Popular
    • Partido Popular de Galicia
    • Partido Popular de Lugo
    • Xunta de Galicia
  • Medios de Comunicación

    • Cope de la Costa 93.6 FM
    • Cronica 3 A Mariña
    • El Progreso A Mariña
    • La Voz de Galicia (A Mariña)
  • Categorías

  • Buscar

  • Calendario

    Novembro 2013
    L M M X V S D
     123
    45678910
    11121314151617
    18192021222324
    252627282930  
    « Out   Dec »
  • CONCELLO DE CERVO // AYUNTAMIENTO DE CERVO

    Promociona también tu página
  • A MARIÑA BENESTAR CULTURA DEPORTES EDUCACIÓN EMPREGO General INFRAESTRUTURAS MANCOMUNIDADE MAR MEDIO AMBIENTE MEDIO RURAL MONTES MULLER ORZAMENTOS PARLAMENTO PESCA SANIDADE SEGURIDADE TURISMO URBANISMO XERAIS 2016
  • email para subcribirse.

    Únete a 15 seguidores máis

Powered by WordPress.com.

WPThemes.


Cancelar
loading Cancelar
A entrada non se enviou - comproba os teus enderezos de correo electrónico!
Fallou a verificación do correo-e, téntao outra vez
Sentímolo, o teu blog non pode compartir artigos por correo electrónico.
A %d blogueros les gusta esto: