Compromiso

Jose Manuel Balseiro sinala que o bipartito provincial, tan dado a dar leccións, á hora da verdade, amosa que a súa falta de compromiso, mentres que para o actual Goberno galego Lugo é unha provincia prioritaria, de feito a que recibirá máis diñeiro per capita en toda Galicia.

A XUNTA AUMENTA O INVESTIMENTO POR HABITANTE NA PROVINCIA DE LUGO MENTRES QUE A DEPUTACIÓN O REDUCE

   Comparativa investimento por habitante Deputación Xunta 2013

  • O Partido Popular duplicará en 2014 o investimento por habitante na provincia de Lugo ao pasar de 374€ en 2009 aos 728€ por lucense previsto en 2014
  •  O bipartito da Deputación de Lugo en so un ano reduciu de 216,7 a 77 euros o investimento por lucense

  

Lugo, 12 de novembro de 2013.- O secretario xeral do PPdeLugo, Jose Manuel Balseiro, contrastou o esforzo inversor que está a desenvolver o Goberno galego na provincia de Lugo en contraposición coa perda progresiva de recursos na que incorren PSOE e BNG na Deputación provincial.

O dirixente popular explicou que a Xunta de Galicia vén de duplicar o investimento por habitante ao pasar de 374 euros en 2009 aos 728 euros que prevé investir en 2014. Isto significa que desde que accedeu ao goberno autonómico o Partido Popular o investimento multiplicouse por dous.

Pola contra a Deputación provincial achega hoxe menos recursos por lucense que os que investía no pasado e, de feito, segundo as liquidacións da Conta Xeral –e polo tanto con datos oficiais do servizo de intervención- o investimento reduciuse de xeito significativo dos 216,7 euros por lucense en 2011 aos 77 euros que investiu en 2012, o último dato oficial coñecido.

Balseiro di que a Deputación de Lugo tan dada a dar leccións, á hora da verdade, amosa a súa falta de compromiso, mentres que para o actual Goberno galego Lugo é unha provincia prioritaria, pois ademais será a que recibirá máis diñeiro per cápita en toda Galicia.

O parlamentario popular explica que, evidentemente, os orzamentos que xestionan unha e outra administración son moi diferentes pero en todo caso a tendencia á alza no investimento da Xunta e os recortes operados no investimento achegado pola Deputación ofrecen unha tendencia clara sobre a aposta pola provincia que fan Goberno galego e que non fai a Deputación.